sábado 7 de noviembre de 2009
miércoles 4 de noviembre de 2009
Congreso do PP o sabado
Considero que a día de hoxe si continuara no PP votaria a Insua, si podo criticalo, e expoñer que non ten ni idea de politica e de xestión de Noia, pero prefiro mil veces a Insua antes que a un panoli que estar a ser utilizado por persoas que fundirón a Mary Carmen Abeijón, que fundirón a Tono Insua sendo Alcalde, por que esta xente o unico que quere e cartos, comisións, e poder.
Ainda que me costa si alguen do PP me lee, votade a Insua, si sae o panoli, o Alcalde actual de Noia sera feliz. Non é por nada, pero ainda recordo como se vendian os meus compañeiros que van co panoli a Rafa, por que nin lles importa o pp nin nada so: recalificar e o plan urbanistico proximo, e quen ten unha inmobilaria? SENTIÑO; SENTIÑO
miércoles 28 de octubre de 2009
A POLITICA EN NOIA UN ASCO
viernes 16 de octubre de 2009
EN NOIA NON SE PODE ANDAR CO COCHE
martes 8 de septiembre de 2009
EXISTE VIDA ANTES QUE A POLITICA
jueves 30 de julio de 2009
ETA VOLVE A MATAR
viernes 3 de julio de 2009
O CONCELLO DOS LIOS: ASI SE XOGA COS CARTOS DE TODOS
Quizais non dentro de moitos meses lle chegue o turno a investigar un area moi interesante de urbanismo. A todo porco lle chega o San Martiño
martes 30 de junio de 2009
A CASA DO CONCELLO DE NOIA VAI A PEOR
Teñen razón os traballadores que estar abaixo, no rexistro e penoso e o Alcalde ten que buscarlle solución, pero e lamentable que os veciños coma sempre sexan o perxudicados. Así vai Noia nin goberno nin oposición.
lunes 29 de junio de 2009
O PSOE E BNG DE NOIA SUBEN O IMPOSTO DA CONTRIBUCIÓN ATA O 30%
Negome a que os meus impostos se utilizen para pagar a inutiles, obras como a rúa Galicia inacabadas,ou pagar e ver parques que non se limpan, parroquias esquencidas, baches nas carreteras, o pobo feito unha merda.
miércoles 24 de junio de 2009
A IMAXEN DE NOIA COMO OS CONCELLEIROS NEFASTA
De pena o aspecto do polideportivo novo, con unha maia de venta en ferreterias de cara evitar o acceso do sol o recinto, é terceiromundista, cando o necesario son persianas. Pero mais lamentable o marcador do polideportivo vello, se organiza encontros de baloncesto de cara o ascenso dos equipos punteiros galegos e o marcador funciona en anacos, faltaba botarlle imaxinación como estaba o resultado ou o tempo que faltaba para rematar o encontro. De pena a imaxe que da Noia, pero que imaxe imos dar cando temos un Concelleiros de goberno e oposición de pena.
martes 23 de junio de 2009
NOIA ABANDONADA MENTRES OS POLITICOS COBRAN MOI BEN
Este é o lamentable aspecto do famoso estanque que se construíu no paseo marítimo, nestes intres non é un estanque e un charco sucio. As luces do paseo esnaquizadas, as papeleiras cheas de lixo, arbores a punto de romper .....
Coma sempre no Concello de Noia, gastamos cartos en crear un pobo bonito, e despois non existe mantemento e coidado: Areas recreativas abandonadas, o monte do bolo quedou como picadeiro de droga, o paseo marítimo de San Lázaro abandonado, a fonte de auga ferruxinosa reparouse varias veces e volvera aquedar abandonada.
Os ciudadans temos que denunciar o Concello por neglixencia no coidado do noso patrimonio.
viernes 19 de junio de 2009
OS MAFIOSOS ASESIÑOS VOLVEN A MATAR
lunes 15 de junio de 2009
TOMA IMPOSTOS MENTRES OS BANCOS SE FORRAN
Un socialista que coñezo fai pouco me decia, como Zapatero siga así imos a acabar como UCD, e o partido socialista francés.
miércoles 10 de junio de 2009
É POSIBLE? EN NOIA NON
É POSIBLE
“””Estou seguro que dende o concello se pode crear unha conserveira. Ao meu entender debemos colaborar coa Confraría de Noia e facer unha empresa destinada ao envasado e distribución dos nosos productos do mar.
Debemos facelo viable, aquí si que rendabilidade é importante, os proxectos empresariais a parte de crear postos de traballo deben autofinanciarse, non se poden crear empresas que haxa que subvencionar permanentemente para a súa continuidade.
Por todo iso, opino que se debe empezar por abaixo, facendo un bo plan de empresa, xunto coa Confraría, buscar vías de financiamento e comezar cun producto de calidade e artesanal. Paréceme que debemos ser ambiciosos pero humildes, non podemos iniciar un proxecto que compita coas grandes empresas conserveiras cun producto de baixo custe, temos que poñer en valor o mellor berberecho do mundo. Por eso creo que hai que empezar cun proxecto pequeno de alta calidade e que aparte sirva para promocionar o noso, insisto o mellor berberecho do mundo. Unha empresa adicada a producir "Delicatessen" “””.
Estamos no ano 2009 a 10 de xuño, pois ben , Sr. Alcalde, estou a esperar pola fabrica de “Delicatesse” na que se empregaran os nosos veciños e reducir o emprego. Explique por que cos cartos do plan cara o fomento do emprego, non se fixo a empresa delicatesse.
O tedes en:
www.rafaelgarciaguerreo.blogpot.com/2007/04/posible.html
“Quedan dous anos para felicitalo si a fai, ou para chamarlle mentireiro si non a fai”
jueves 4 de junio de 2009
OS BROTES VERDES NON MEDRAN EN NOIA
lunes 1 de junio de 2009
ELECCIÓNS EUROPEAS
martes 19 de mayo de 2009
POR FIN A PONTE SOBRE A RÍA

No ano 2003 aprobouse un trazado para a variante de Noia, con un ponte, que servía para eliminar a a maior parte dos tráficos que actualmente colapsan o casco urbano de da vila e que canalizaban os tráficos que de Santiago , e o interior diríxense as praias da ría de Noia.
Cando o Conselleira de política Territorial do PSOE Dna. María José Caride toma posesión paraliza a ponte sobre a ría, e propón un trazado interior, no que mais de 3000 alegacións son presentadas polos veciños de Noia (unha das alegacións é do que escribe este blog).
Hoxe o Parlamento da Galicia aprobou por maioría absoluta:
1.- Derrogar a anulación da declaración de utilidade publica do “Proxecto do trazado coa ponte sobre a ría”.
2.- Retomala tramitación da construcción da variante no proceso expropatorio aprobado polo Decreto 175/2005, así como o expediente de adscrición do dominio público marítimo terrestre.
Que quere dicir esto, que por fin Noia terá unha variante cunha ponte sobre a ría, quizais o Sr. Guerero terá que explicar nun futuro, por que atrasou unha variante que xa estaría feita, si non fora pola súa teima de pasala polo interior e afectar a miles de Noieses.
Parabén a tódolos veciños que loitamos pala variante cunha ponte sobre a ría sexan do partido que sexan.
viernes 15 de mayo de 2009
O PSOE APROBA O ASESINATO DE BEBES (ABORTO)

Onte o goberno socialista aprobou favorecer os intereses dos matadeiros de seres humans (clinicas abortistas), aprobando a Lei do aborto polo que se pode asesinar a un bebe ata os 5 meses de xestación, e que unha neniña de 16 anos poda abortar sin que os seus pais se enteren.
Esta claro, o PSOE quere favorecer e que os matadeiros de nenos (clinicas abortistas) se forren, pois a maioria dos medicos da Seguridade Social non realizan abortos por que obxectan. Unha rapaza de 16 anos non pode mercar tabaco, non pode mercar alcohol, pero para o PSOE pode abortar sin dar contas os seus pais. Miles de parellas estan anos esperando un bebe para coller en adopción e o PSOE apoie os matadeiros para que os tiren polo recrete.
NON A POLITICA DA MORTE, O PROGRESISMO E DEFENDER A VIDA, A FABORECER A MORTE E DOS CARCAS DO PASADO.
lunes 11 de mayo de 2009
SOLUCIÓNS A PRAIA DE TESTAL
Esta sábado fun cos meus fillos a praia de Testal para facer voar unha cometa, o que me sorprendeu é o deteriodo dunha parte da praia de Testal, por efecto das correntes mariñas e do río Tambre esta a invadir o mar unha parte do antiguo recheo, eu vou a praia a zona de Taramacos.
Eu non sei si xa se avisou a Costas, pero ou se toman medidas de cara solucionar e impedir o efecto do mar nesta zona, ou tarde ou templano afectara o recheo que conten o lixo de moitos anos dos veciños de Noia.
Dende este blog, solicito que se realice un paseo e un muro de contención nesta zona da praia.
Como vedes quero ser suave, xa que o areal e a principal industria de Noia, e non quero difundir problemas que seguramente se amplifiquen, pero a nosa costa esta a sufrir os efectos de anos de abandono. O Ministerio de Fomento e Costas, realizaron durante anos numerosas actuacións en concellos veciños, en cambio en Noia, contadas.
O teño claro si Costas non actúa en Noia, teremos que denunciar na Unión Europea. Sr. Guerrero espabila e solicita o reparación da costa en Testal.
Nas fotos xa podedes ver material de lixo e recheo que comenza a sair
Por certo eu poño fotos do presente, por que vivo no presente, do pasado só se aprende para non cometer errores no futuro.
viernes 8 de mayo de 2009
WWW.NOIA.ES
Dende este blog, pediría que se creara un tablon de anuncios cas actividades ludico-culturais-deportivas que se realizan en Noia, un enlace cas noticias da vila, un enlace cas actas dos plenos e comisións de goberno, un foro de debate, un enlace de queixas veciñais, un enlace para os grupos políticos municipais e xestións e pagos de documentación e taxas.
A cousa parece que vai lenta, moi lenta pero por fin temos web:
www.noia.es
jueves 7 de mayo de 2009
EN NOIA MAIS PARO, ONDE ESTA O PLAN DE EMPLEGO?
Por certo levamos cerca de dous anos das eleccións locais e sigo a esperar que en Noia se instale unha fabrica conserveira, como prometeu o Alcalde na sua campaña.
lunes 27 de abril de 2009
SAN MARCOS EN NOIA
Xa é unha rutina no pobo de Noia, Concelleiros de festexos ou actividades lúdico festivos, que só saben facer as cousas con cartos, negados na arte da imaxinación e da participación veciñal. Expoño esto por que xa é unha rutina que para facer algo neste pobo sexa necesario cartos, cando se gastan en chorradas ou cousas que non teñen sentido, ben si o fácil, pagas e xa está, pero imaxinación e participación cero, claro que para imaxinar e crear costa tempo, mellor se esta ocupandose de asuntos privados ou ca moza.
Para cando participación veciñal nas festas, para cando xogos infantís como antano. Teño que recoñecer que teño morriña da vez que organizou as festas de San Bartolome a Escuderia Berberecho, ou naquelas festas das que era responsable Avilés de Taramancos e Díaz Rechou.
Outra cousa que odio, o venres e sobre todo o sábado as orquestras comenzarón a súa actuación as 22:45 h., as duas orquestras mellores de Galicia esta ven que tocaran ata as 05:00h. pero creo que aquelas familias que temos nenos pequenos, si as orquestras empezarán as 21:30 h. e remataran as 03:30h. todos estariamos contentos, me pregunto que persoas estarían a partires das 3 da maña na alameda escoitando as orquestas, a maior parte das persoas de pub ou de discoteca.
Por ultimo lamentable que non fora o Concello quen organizara a vervena do domingo, curioso a orquesta este día comenzou as 21:00h., gracias a empresarios da hosteleria de Noia. Que diferencia entre politicuchos e empresarios...
viernes 24 de abril de 2009
DOUS ANOS NO GOBERNO E ONDE ESTA A WEB DO CONCELLO DE NOIA?
Eu quero enterarme das novas do meu Alcalde, das obras que se van a facer, da opinión do Goberno Municipal, en unha paxina non partidista, non ter que abrir cada vez a paxina persoal de Guerrero con propaganda partidista do PSOE pra saber do meu pobo.
Sr. Alcalde para cando a web do Concello de Noia?, vai a ser destituido ou acabar a lexislatura e nada de nada.
jueves 16 de abril de 2009
SOBRE A APERTURA DESTE BLOG A COMENTARIOS EXTERNOS
Primeiro.- Este blog estará operativo catro anos, por respecto e compromiso do seu autor cos cerca de 160 veciños que me apoiaron co seu voto nas eleccións locais do 2007, o resto tendes o que quisestedes votar e apoiar, así esta a política en Noia e así está o pobo de Noia, polo que cada quen que asuma o que fai co seu voto.
Segundo.- Este blog é persoal, opinións persoais con nome e apelidos, sendo eu o único responsable, polo que non acepto opinións de xente que amparándose no anonimato, opina, descualifica, insulta e escribe comentarios persoais; si o que queren é opinar que dean a cara.
Terceiro.- Este que escribe neste blog, ten uns valores, ideas, opinións que expón libremente e baixo a súa responsabilidade, os que non lle guste, non as comparta ou lles moleste a miña verdade, na que podo estar equivocado como humano que son, o ten moi fácil, non entrar no meu blog.
Cuarto.- Sempre aceptarei a critica constructiva, e todos os veciños de Noia me ven por Noia, so teñen que acercarse a min e expoñer o que queiran, claro que é mais fácil opinar e criticar dende o anonimato, a covardía de escribir sen dar a cara, por elo non o vou a permitir nin o permitirei neste blog, sobre todo que inutiles, paiasos, tontos e sinvergonzas opinen aqui.
Quinto.- Este blog e persoal, non de Terra Galega, polo que non acepto palmeiros de outros partidos, que segundo lles vai son todo alagos ou a políticos que non teñen personalidad e valor de crear un blog onde expoñer a suas ideas.
Sexto.- Quen queira e o desexe pode ler todo o blog dende o principio, con elo terá unha pequena idea do que penso e me gustaría para a miña vila, quizais Noia perdeu un político que quería sobre todo a Noia e nada mais que a Noia.
Gracias os que me entenden e respecten, e que vos dean os que non me entededes nin respectades (Xa deixei fai tempo de ser politicamente correcto por que son só un cadáver político).
martes 14 de abril de 2009
AS EXPROPIACIONS PARA A APERTURA DE UNHA RUA EN SAN LAZARO
miércoles 8 de abril de 2009
O DEBATE CASTRO-GUERRERO SOBRE A CRISIS DE GOBERNO EN NOIA
Teño que dicir que me gustou a entrevista en xeral polo debate de ideas sen estar enfrontados en directo os actores. Así o Sr. Guerreiro coma sempre demagóxico, e o Sr. Campos realista ca situación do Concello de Noia e en especial co urbanismo. Teño que dicir que en estes debates a razón non vende, non vende dicir que sigue sendo un neno o Alcalde, que o Alcalde vende fume, que en Noia existe un grupo de caciques que fan o que quere, que un técnico de urbanismo que participa nunha empresa de arquitectura podía facer o que quería, que uns Concelleiros do Goberno entorpecían os proxectos de outros Concelleiros do grupo de goberno, que Guerrero e Castro non se aturaban... . O que vende, e o progresismo, a esquerda, o tomar un café entre o Alcalde e Concelleiro de Urbanismo que nunca sucedeu, que os veciños (perdón promotores) fagan o que queren, o bo que é Bieito, a boa que é Loly, o traballo de todos menos Castro.
Eu teño unha opinión particular, o Sr. García Guerrero non é un neno, sabe moi ben o que quere, que facer en cada momento, el marca os tempos políticos e sobre todo esta pero que moi ben asesorado politicamente e ten uns bos asesores de imaxe. O PP e o BNG van sempre a remolque, sen iniciativa e si a teñen el se apodera dela, aparte mantén unha rede clientelista de favores e favorecidos que están con el, faga o que faga. Paréceme que teremos a Rafa por moito tempo, por que non hai ninguén no BNG e PP que lle faga sombra nestes intres. Os danados como sempre os veciños de Noia, xa o dixen fai dous anos, Noia non se merece a un alcalde que cando gobernou non fixo nada, como son os casos de Guerrero, Bieito, Insua. Noia ten que rexenerar a súa clase política e facer unha boa limpeza de políticos.
Para rematar: Tanta comida de traidores e conspiradores no PP e despois cando teñen que dar a cara ante os militantes e propoñer ideas, non aparecen, xa se sabe que politicamente cobardes e traidores fan o traballo sucio por detras sin dar a cara.
lunes 6 de abril de 2009
CRISE NO PP DE NOIA? O CONXURA DE TRAIDORES
Antes de nada quero expoñer e deixar claro que o que aquí escribo é unha opinión política, nunca cuestións persoais, polo tanto podo respectar persoalmente as persoas das que escribo, pero discrepar politicamente e non compartir para nada o seu interese polo poder político, e as súas decisións que toman o respecto, sempre politicamente.
Politicamente falando a foto do venres en “El Correo Gallego”, amosa unha cousa, como cambian as persoas cando se recupera o goberno da Xunta de Galicia polo Partido Popular. Persoas que se din do PP, que non dubidaban en facerlle a pelota o PSOE, de votar a PSOE e BNG nas municipais, de incluso unha persoa que nese mesmo medio informou que se pasaba o partido de Rosa díaz, sen desmentido; pero claro esto sucedía cando gobernaba o PSOE, cando nos días previos as autonómicas todos pensaban que volvería o goberno PSOE-BNG. Pero gañou o PP as eleccións autonómicas, todo cambiou, é máis se fala que o Sr. Pérez Insua tería un posto secundario importante no novo goberno autonómico; así que: Os mesmos traidores que acabaron con María del Carmen Abeijón, os mesmos traidores que traicionarón a Antonio Pérez Insua cando tiña a Alcaldía, os mesmos traidores que non lles importa nada o pobo de Noia nin o PP, se non que buscan o seu interese ( xa falamos outra vez de urbanismo, Plan Xeral), son os que continúan cas súas fechorias.
Aclaracións: Teño que recoñecer unha cousa, considero a Pérez Insua unha persoa falsa politicamente da que non te podes fiar, pode dicirche unha cousa e facer a contraria. Pero neste caso politicamente doulle a razón e non debe permitir o que lle están a facer, aínda que formara parte cando destruirán politicamente a María del Carmen Abeijón.
Por outra parte: Na foto hai traidores politicamente falando, hai persoas honestas que só teñen o problema que non teñen carácter político propio de tomar decisións e persoas que non tendrian que saír na foto, nin asistir a ditas cenas, por que poden ser o futuro político da vila de Noia e dende este momento están marcadas e vinculadas.
Por outra parte podo opinar por que eu tamén fun víctima destes traidores, conspiradores. Xa o di o dito “a quen a ferro mata a ferro morre” (sempre politicamente falando).
viernes 3 de abril de 2009
VOLVE A SUBIR O PARO EN NOIA
Xaneiro: 1023 parados.
Febreiro:1034 parados.
Marzo: 1083 parados.
Todo isto a pesar do plan E do goberno central e deputación. Por certo gustariame saber que empresas en Noia fan estas obras, igual o emprego no Concello é cero en Noia.
EN NOIA: O PSOE VAN DE LISTOS, O BNG DE TONTOS, E O PP A ESPERAR QUE A FRUTA MADURE
Sucedeu polo ano 1999, García Guerrero é elixido Alcalde cos votos do BNG ( aínda recordo ese día, pois solicitei votación segreda. Os Concelleiros do BNG, non dubidaron en ensinar a papeleta co nome do candidato do PSOE, orgullosos do seu voto de cara evitar que María del Carmen Abeijón, continuara gobernando). Daquel apoio nefasto para o pobo de Noia, non tardou en romperse nin un mes, ao BNG o Sr. Guerrero o humillou, desacreditou; pois si non se facía o que el quería e se defendía intereses particulares, pois pasas a oposición; ata neses anos o BNG ofreceu unha moción de censura contra Guerrero na prensa.
Unha vez que o Sr. Guerreiro acaba co BNG, responsabilizando a este, de non apoiar o progresismo (urbanismo, perdón). O Sr. García Guerrero acercase o PP de Primitivo Hermo e Marisol Villar, pactando presupostos, recalificacións e destruír e rematar politicamente a María del Carmen Abeijón (PP). Todo real, mirade a hemeroteca de aqueles anos. O Sr. Guerrero rematou de Alcalde os catro anos, e Primitivo Hermo e Marisol Villar se fixeron cargo do PP de Noia, elixindo a un home da súa confianza para candidato a Alcalde: o Sr. Pérez Insua. Resultado das eleccións de 2003, Pérez Insua (PP) acada a maioría, o Sr. Guerrero (PSOE) acapara todo o voto “disque” progresista, o BNG case desaparece.
Hoxe volve a suceder o mesmo: O Sr. Guerrero sae Alcalde cos votos do BNG, o Alcalde rompe co BNG, o Sr. Guerrero humilla o BNG, achegase o PP. Próximo capitulo: pacto oculto entre o Sr. Guerrero-Sr. Pérez Insua: O Plan Xeral de Urbanismo, potenciar a Sr. Pérez Insua para que os críticos non se fagan co poder do PP de Noia.
Para outro día queda por que: Primitivo Hermo, Marisol Villar e Pepiño (actual presidente da patronal) rompen co Sr. Pérez Insua.
O que me queda claro, cada día que pasa este Concello e os seus gobernantes se moven todos co urbanismo.....
sábado 28 de marzo de 2009
APAGA A LUZ, ENCENDE O PLANETA

Hoxe as 20:30h. apaga as luces da tua casa, dende este blog quero sumarme a campaña de apaga a luz, encende o planeta. Descoñezo si o Concello se sumou a dita iniciativa, pero eu dende aqui fago un chamamento a todo o pobo de Noia que apage as luces durante 30 minutos hoxe dendeas 20:30h o planeta terra o agradecera.
martes 24 de marzo de 2009
ADHESION DO CONCELLO DE NOIA A AXENCIA DE PROTECCION DA LEGALIDADE URBANISTICA XA

Estamos asistindo estes días a numerosos comentarios nos medios de comunicación de por que rompeu o goberno PSOE-BNG, unha das razóns máis utilizadas por intereses urbanísticos do Sr. Alcalde. Dende Terra Galega en Noia, propoñemos non, que o Alcalde se faga cargo de Urbanismo, si non que si quere disipar calquera tipo de dúbida sobre a súa honestidade que no próximo pleno o Concello de Noia asine convenio de adhesión ca Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, axencia que como na súa creación e lexislación expón:
A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística é un instrumento organizativo de colaboración da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e dos concellos, para mellorar a calidade da ordenación urbanística e poñela ao servicio de todos os cidadáns.
O solo - o territorio- é un recurso natural escaso, non renovable e extraordinariamente valioso que da soporte físico á vida, aos asentamentos de poboación, aos centros de producción de bens e servicios e a todas as actividades humanas.
Todos os cidadáns, sexan ou non propietarios do solo, teñen dereito a un medio urbano e natural adecuado para o desenvolvemento da persoa. Por esta razón, cómpre:
Utilizar os recursos naturais -aire,auga e solo- con racionalidade, con intelixencia e con prudencia.
Mellorar a cohesión social e a calidade de vida dos cidadáns, favorecendo a promoción de vivendas asequibles en entornos amables e dotados de infraestructuras, equipamentos e espazos públicos suficientes e adecuados.
Protexer e poñer en valor o patrimonio natural e cultural e a riqueza paisaxística dos espazos naturais e do litoral, que constutúen elementos esenciais da identidade de Galicia.
Son membros da Axencia a Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e os municipios que voluntariamente se integren nela: Entre eles hoxe están Verín, Ares, Arzúa, Cedeira, Pontecesures.....
FUNCIÓNS :
A misión da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística é velar pola utilización racional do solo conforme ao disposto na normativa reguladora do urbanismo, a ordenación do territorio e do litoral, especialmente no medio rural e na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre.
Para o cumprimento desta misión, a Axencia ten atribuídas as seguintes funcións: a inspección e vixilancia urbanística; a acción de reposición da legalidade urbanística nos seguintes supostos: por obras realizadas sen licenza urbanística en terreos cualificados como zonas verdes, espazos libres, dotacións ou equipamentos públicos por obras realizadas en solo rústico sen a preceptiva autorización urbanística autonómica ou incumprindo as súas condicións por obras e usos prohibidos en solo rústico por obras executadas sen licenza urbanística municipal constitutivas de infracción urbanística grave ou moi grave, só no caso de que o concello non exerza as súas competencias; o exercicio da potestade sancionadora: por infraccións urbanísticas moi graves, por infraccións urbanísticas graves cometidas en solo rústico sen a preceptiva autorización autonómica ou incumprindo as súas condicións; o exercicio das potestades delegadas polos concellos integrados na Axencia; a impugnación de licenzas urbanísticas ilegais; o exercicio da potestade sancionadora e de reposición da legalidade por actuacións contrarias á Lei de costas, realizadas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre; o outorgamento de autorizacións para usos e obras na dita zona de servidume de protección de costas; o asesoramento ás Administracións públicas integradas na Axencia; e en xeral, calquera outra competencia que en materia de disciplina urbanística lle corresponda exercer á Comunidade Autónoma.
De continuar mantendo a técnicos e responsabilidades no urbanismo de Noia, podemos incluso asistir a denuncias e responsabilidades penais nos próximos meses.
miércoles 18 de marzo de 2009
SAN LAZARO ESTA ESQUENCIDA
San Lázaro xa é un pobo dentro de outro pobo, pero cunha única saída unha ponte desfasada, que con moi poucos vehículos xa estamos realizando cola para acceder a outra parte de Noia.
Esta situación agora esta agravada polo corte na ponte de Traba, recollendo os vehículos do Couto, San Breixo, Argote, Perilloeiro e como non San Lázaro. A única saída a ponte de San Lázaro, sempre pensei que deberían facer unha ponde dente O Campo ata san Lázaro, pero estes politicuchos que temos no Concello xa se sabe.
De todas formas quero pedir unha cousa, saquen a prioridade de saír da ponte de San Lázaro, os vehículos que veñen do centro e praias, a saída hai dous carrís, un que sexa cara os que saen de San Lázaro, veciños e traballadores de Noia que non se potencie e favorezca os que só están de paso pola nosa vila.
Por outra parte xa esta claro o motivo da división do Tripartito PSOE-BNG-Castro, Castro non consentía a mafia do urbanismo en Noia, outros coma o PSOE e o BNG de Bieito González si, pero resultaba que 8 non son 9, e nove son maioría no Concello de Noia, así que Bieito González tivo que romper co PSOE. Castro Campos tes as portas abertas en TERRA GALEGA.
martes 17 de marzo de 2009
sábado 14 de marzo de 2009
ESPECTACULARES DECLARACIÓNS DO EXDELEGADO DE URBANISMO
"....Que trataba a todos los ciudadanos por igual, pero que "determinados técnicos do Concello utlizan a súa posición para tramitar licenzas que non son de todo axustadas á legalidade e ata o de agora ningún político foi que de prohibirlas". Castro Campos afirma que esta práctica ha sido algo habitual en Noia durante bastante tiempo....".
Está moi, pero que moi ben ditas declaracións, pois eu a titulo persoal teño un grave problema cos Servizos técnicos de urbanismo: A xustiza e lenta pero o tempo pon a cada quen no seu sitio.
miércoles 11 de marzo de 2009
PARVOS DE ESQUERDAS E DE DEREITAS EN NOIA
Noia non necesita dereitas nin esquerdas, Noia só necesita un Alcalde que defenda os Noieses, que cree industria e postos de traballo, que solucione os problemas e sobre todo que non cree problemas. E por desgracia e como expliquei na campaña electoral ex-alcaldes que cando gobernaron non fixeron nada, agora como lideres de goberno e oposición tampouco farán nada.
Noia necesita unha rexeneración política, persoas con novas ideas e proxectos e sobre todo ilusión, e non falo de min, eu politicamente estou queimado. Por favor e volvo a repetir Concelleiros de goberno e oposición, sentidiño, sentidiño.
Soño por que algún día Noia poda ter un Alcalde que acade maioría absoluta durante duas, tres, catro lexislaturas, de ser así, Noia estará ben gobernada.
lunes 2 de marzo de 2009
FELICIDADES OS GAÑADORES E VARIANTE CUNHA PONTE XA
Cando coñecín os resultado, só unha cousa me veu a mente, por fin acadouse que se anule a variante de Noia polo interior, ou iso espero.
Por outra parte, espero movementos no goberno de Noia, no bipartito non se aturan os uns cos outros, e agora sen o goberno da Xunta esto vai a ser un desastre, espero que non sexamos os veciños os danados.
Respecto a Terra Galega os veciños primaron o que se chama o voto útil de cara cambiar un goberno, aínda así somos a cuarta forza política na provincia de A Coruña, grazas os que nos apoiaron.
sábado 28 de febrero de 2009
GRAZAS A TODOS

Máis de 7.000 persoas asistiron a algún dos mitíns de Terra Galega nesta campaña. Grazas a todos
Terra Galega demostra que é posible rachar co oligopolio PP-PSOE-BNG e coa
discriminación dos grandes medios de comunicación cara ás formacións minoritarias tras lograr xuntar nos seus mitins a milleiros de galegos e galegas. Actos electorais como os de Narón, con case un milleiro de persoas, ou os de Arteixo, Carballo e Ferrol, con máis de 500 cada un, así o demostran. Do mesmo xeito, sería inxusto non facer mención a outros encontros como os de A Coruña, Vimianzo, Cedeira, Abegondo, Lugo, Sarria, Neda, Mugardos, O Alto, A Guarda, Compostela...nos que en todos logrouse superar amplamente os douscentos asistentes, ou outros nos que, malia ter un público menor lograron facer chegar á nosa mensaxe á sociedade galega. Grazas a todos polo voso esforzo.
Nas comarcas do Barbanza, Muros e Noia, grazas polo voso apoio as persoas de boa vontade que recolleron o noso programa e propostas, e grazas os partidos grandes por darnos tanta importancia e intentar evitar que tiveramos un espacio cos nosos carteis. Mañan os veciños pondran a cada quen no seu sitio.
viernes 27 de febrero de 2009
O VERDADEIRO VOTO UTIL É O DE TERRA GALEGA

Xoán Gato responde en A Coruña a Pepe Blanco: "o verdadeiro voto útil que garante un cambio é o de Terra Galega"
Xoán Gato responde, en A Coruña, a José Blanco e defende que o verdadeiro voto útil é o de Terra Galega: “Pepiño equivócase, un voto ao PSOE, ao BNG ou ao PP é asegurarse de que todo en Galicia vai seguir igual. O único voto que garante un cambio é o de Terra galega” Xoán Gato non quixo perder a oportunidade, hoxe en A Coruña, de contestar as declaración feitas polo vicesecretario xeral do PSOE, José Blanco, nas que aseguraba que “un voto a Gato es un voto indirecto para favorecer al Partido Popular” e apelaba ao que el entende como voto útil poñendo en dúbida que TEGA vai obter representación parlamentaria. Gato mostrouse indignado coas palabras de Blanco e asegurou que “Pepiño equivócase, un voto ao PSOE, ao BNG ou ao PP é asegurarse de que todo en Galicia vai seguir igual. O único voto realmente útil e que garante un cambio é o de Terra Galega”. Sen baixar o ton o líder galeguista dixo que “despois de tres anos e medio de goberno bipartito que levaron a Galicia á peor crise da historia recente a nosa terra, creo que queda ven claro que voto é útil e cal non e tamén queda claro que Terra Galega é a única opción real de cambio”.
Gato deu por seguro que o seu partido obterá uns resultados históricos nos comicios do vindeiro domingo: “O listón do 5% está moi alto, pero todos os indicios din que un deputado pola provincia de A Coruña está seguro, que o segundo estaría moi preto e que pola provincia de Lugo tamén temos moi factible obter representación. Imos saltar ese listón e imos sela chave da Xunta. Que se preparen porque pensamos darlle a volta a este país como se fose un calcetín. Xa o dixen onte e o repito aquí, o Gato vai entrar no Parlamento e vai acabar con todas as ratas que se alimentan con toda o lixo que hai alí”.
O número dous da lista de Terra Galega pola Coruña, Xosé López Balado, arremeteu o Bloque Nacionalista Galego e máis concretamente contra o seu líder, Anxo Quintana, ao asegurar que “a súa xestión durante este tres anos e medio foi unha vergoña, pero durante a campaña foi capaz de facer máis evidente a súa alma de cacique: amigos do BNG contratados pola Xunta a dedo, sen respectar as máis mínimas garantías que debería ter toda oposición pública, vellos enganados para participar nos seus mitins... e por último os medios de comunicación demostran con fotografías o que todos xa sabíamos, que o concurso eólico foi a maior cacicada da historia de Galicia e que só serviu para que o BNG pagara favores a certos empresarios”.
miércoles 25 de febrero de 2009
É O MOMENTO DE QUE ENTRE UN AIRE NOVO NA CÁMARA GALEGA

O noiés Manuel Codesido Lorenzo afronta un novo reto político e concorre aos comicios autonómicos como candidato número 21 pola lista de Terra Galega.
-¿Cales son as súas aspiracións?
-Sacar un ou dous deputados por A Coruña e outro por Lugo e decidir o próximo goberno autonómico. Nós temos un programa de dez puntos e calquera partido que se comprometa a cumprilos vai ter o noso apoio.
-Queren ser a chave...
-É o momento de que entre un aire novo na cámara galega. Levamos máis de vinte anos con tres partidos. É o momento dunha rexeneración, sexa no goberno ou na oposición.
-¿Cal debería ser a primeira actuación do seu partido na bisbarra?
-Cancelar a variante interior de Noia. O partido está a favor da ponte sobre a ría e dunha conexión Noia-Boiro coa autovía. Tamén son precisos o porto deportivo de Muros, o polígono de Porto do Son, a circunvalación de Ribeira, o centro de interpretación da reserva mariña de Lira e a ampliación do peirao de A Pobra.
-¿Que valoración fai destes catro anos?
-Foi unha gran desilusión para o electorado que apoiou unha opción progresista.
O PSOE cambiando despachos e o BNG utilizando a Administración para meter a súa xente.
-¿Que pode aportar Terra Galega?
-Novas ideas e unha nova forma de facer política. Non queremos a submisión que padecemos agora. Os galegos temos medios suficientes para saír adiante.
-¿Notan receptividade entre os cidadáns?
-A xente está cansada de que sexa sempre o mesmo e achégase a nós para coñecer as nosas propostas. Buscan outras alternativas.
-Creo que xa ten feita a quiniela do día 1.
-Si. O PP, 35; PSOE, 25; BNG, 12 e Terra Galega, 3.
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Fonte e fotogracía: La Voz de Galicia
martes 17 de febrero de 2009
XÓAN GATO EN "EL PAIS"

Terra Galega: Xoán Gato, de profesión alcalde.
Aínda se sente alcalde. O foi por vocación durante 23 anos. Xoán Gato (Ferrol,1946) gobernou Narón ininterrompidamente desde 1985, con maioría absoluta ou pactando con todo o espectro político de esquerda a dereita, dende Esquerda Unida ao PP, pasando por UCD, PSDEG e BNG. Presume de transformar o municipio coruñés, de converter "unha aldea terceiromundista que non aparecía na guía"nunha "cidade de futuro" que rivaliza con Ferrol arrebatándolle poboación e industria. "Ferrol afúndenos, temos que tirar nós", asegura.
Entrevista en El País, 17 de Febreiro 2009 Aos seus 63 anos, Narón quedóuselle pequeno e quere dar o salto ao Parlamento autonómico á fronte de Terra Galega (TeGa), desde un "nacionalismo de centro" que tendería a man ao PP como alternativa ao bipartito. "Se en Narón foi posible, en Galicia tamén", resume. Levará sete puntos do seu programa ante notaríaa para deixar constancia do seu compromiso.Os seus adversarios acúsanlle de autoritario e populista, pero el confésase pragmático, feito a si mesmo e curtido por "unha infancia dura" que arremete sen andrómenas contra a clase política galega: "Sinto vergoña de quen me están dirixindo".Acusa aos socialistas de "sumisos". Aos populares de arrastrar a "síndrome da culpabilidade das deputacións caciquís", e cébase con "os que se chaman nacionalistas e non o son". Vaticina que "ningún dos tres gañará as eleccións".Fillo adoptivo, quedou orfo moi novo e burlou o franquismo para prescindir dun titor e traballar antes de tempo como profesor, madeireiro e mecánico na antiga Astano ata a reconversión dos oitenta, de onde saíu regulado para embarcarse no negocio das flores, cun gran invernadoiro, que lle asegurou "non ter que depender de ninguén".En xaneiro, e logo de tres décadas, renunciaba ás súas actas de alcalde e edil para ser o candidato de TeGa á Xunta. Con todo, aínda ocupa un despacho na planta de alcaldía porque "sempre quedan papeis que asinar".Investiu a metade da súa vida na política local e agora lamenta non dedicar máis tempo á súa familia -tres fillos e catro netos-, xa que "ser avó estresa menos". Ten fama de juerguista e campechano e recorda que fai anos chegou a negociar infraestruturas para o municipio de madrugada en plena rúa, sentado nun bordo e cunha copa na man. Foi imputado 14 veces por distintas controversias urbanísticas e "ningunha prosperou", matiza. Logo dos comicios volverá aos xulgados para declarar por presuntas irregularidades urbanísticas na construción do centro comercial Odeón.De elixir consellería, postularíase para Política Territorial, porque "é a chave para a ordenación de Galicia". Presume de dar "facilidade total ao empresario" en Narón axilizando as licenzas de obra, e cuestiona que a Xunta persiga ao ladrillo "chamándolle corrupto" e protéxase todo para non facer nada".Entusiasta dos Beatles e os Brincos, confésase "ancorado nos 60". Encabeza a lista pola Coruña como "único representante legal" de Terra Galega e dá por resolta a polémica aberta por unha facción rival que cuestionou o seu liderado nos xulgados. Precisa 30.000 votos para ocupar un escano e as enquisas non lle outorgan ningún. Lonxe de desanimarse, Gato aspira a que TeGa poida "incidir" no goberno e avisa que tanto lles dá "Pedro que Xan".
Fonte: El País, 17 de febreiro 2009.
viernes 13 de febrero de 2009
O ENGANO DO RECIBO DA LUZ
Pois ben, na folla de reclamación poñede que vos encontrades indefensos ante os consumos estimados, que o recibo de xaneiro de 2009 foi emitido como estimado cando existen duas tarifas ou tramos a aplicar, unha por 8 días segundo a tarifa do BOE 28-06-08 e outra por 28 días segundo tarifa do BOE 31-12-08, que o consumo estimado foi calculado pola factura de xaneiro-febreiro de 2008, cando nin sequera existía a nova facturación ou tarifa nocturna, que a compañía eléctrica non informou do calculo de consumos estimados os clientes, que a empresa por este motivo ingresara varios millóns de € a conta dos usuarios, cando o servicio eléctrico e un desastre.
En fin estamos nunha das maiores crise e aínda temos que ser estafados, a me esquecia, non vos preocupedes que vos van a regalar unha bombilla no próximo recibo, made in china e con mercurio (coidado con rompela), que cara teñen.
martes 10 de febrero de 2009
NOIA É UN DESASTRE E OS NOSOS POLÍTICOS DURMINDO E COBRANDO





Teño que dicilo, por que é certo, Noia esta totalmente desfeita e abandonada sen goberno PSOE-BNG e sen oposición PP: a nosa vila esta chea de furados en todas as nosas rúas, beirarrúas desfeitas, parques abandonados, cheo de lixo o redor de contenedores, servicio de auga potable deficiente, parroquias abandonadas, pontes a piques de caer. E que fai o goberno actual nada, e que fai a oposición nada; este é o gran problema que os veciños de Noia están a sufrir: o goberno municipal do PSOE-BNG, en vez de ser un equipo unido, cada un vai por un lado, sen existir comunicación e proxectos conxuntos, existen dous gobernos municipais, por este motivo a inoperancia e desidia en solucionar os graves problemas que padece o municipio. Por outra parte unha oposición do PP, durmida, acomodada na oposición de salón e de taberna, sen mobilizar ideas e proxectos, esperando a rotura do actual goberno e gañar as proximas eleccións. Os veciños de Noia estamos cansados de ver a nosa vila en este estado, e desolador ver que son os propios veciños, comerciantes, usuarios de vías, peóns os que denuncien na prensa e na maioría dos casos reciben a calada por resposta e mentres os nosos políticos cada mes cobran de todos nos.
Srs. Concelleiros de Noia, tanto do goberno como da oposición, desperten e empecen a traballar por Noia e polos seus veciños, que no próximo Pleno da Corporación, se adopte dotar unha partida para: 1.-Reparación de viales, reparación de beirarrúas, limpeza de vertedoiros incontrolados o redor dos contenedores do lixo, adecentamento de parques e zonas de ocio, 2.-Que se cree unha paxina web do Concello de Noia onde os veciños podan informar de incidencias na equiparación municipal e se proceda a súa reparación en 7 días.
Si mirades este blog nestes dous anos, todas e cada unha das queixas de veciños xa levan moito tempo publicadas aqui, sin ter solución.
jueves 5 de febrero de 2009
O PARO EN NOIA SUPERA POR PRIMEIRA VEZ AS 1.000 PERSOAS APUNTADAS NO INEN
Esta situación e desoladora e preocupante, mentres o bipartito que goberna en Noia, o famoso plan de emprego para os Concellos de ZP, creara só 50 empregos (case os mesmos parados xerados en xaneiro) xa que a maioría das obras son reparación de edificios municipais, e seguro que as obras as realizaran empresas de fora.
Eu continuo crendo que os cartos estes, deberían ser invertidos na ampliación do polígono industrial de Agualevada, e ceder as parcelas a empresas que crearan postos de traballo.
Como sigamos así con paro, subidas de impostos como se aveciña ca revisión da contribución e impostos como a lixo, auga, rodaxe..... Os veciños estamos dados, mentres os soldos dos nosos políticos e banqueiros seguen a subir e aqui non pasa nada.
viernes 30 de enero de 2009
SI TERRA GALEGA E CHAVE A VARIANTE DE NOIA SERA CUNHA PONTE

Si TEGA é chave no goberno autonómico tralo 1 M esixirá que a Xunta execute a ponte sobre a ría e desbote o actual proxecto.
Xoán Gato, o candidato de Terra Galega ás próximas eleccións autonómicas, acudiu hoxe a Noia para manter un encontro con afiliados, simpatizantes e veciños. Ante unha audiencia, que acudiu ao salón de actos do Concello a pesares do mal tempo, Gato prometeu que se Terra Galega é chave no goberno autonómico tralo 1 M esixirá que a Xunta execute a ponte sobre a ría e desbote o actual proxecto “que prexudica a máis dun milleiro de veciños”. “Basta de gobernar de forma prepotente e despótica, basta de gobernar do costas aos veciños”, dixo o líder de TEGA.
Manuel Codesido Lorenzo, destacou o traballo feito por Xoán Gato ao fronte do Concello de Narón durante 23 anos: “Foi capaz de crear da nada un polígono industrial de máis dun millón e medio de metros cadrados con case que duascentas empresas punteiras que crearon 14.000 postos de traballo. Mentres, en Noia temos un polígono industrial de 80.000 metros cadrados no que hai 13 empresas”. Codesido dixo que “precisamos xente como Xoán Gato na Xunta. Precisamos de políticos con novas ideas, as promesas valeiras de PSOE, BNG, e antes do PP, xa non son cribles. Na nosa comarca esmorece o pequeno comercio, o marisqueo, o sector mexilloeiro, o tecido produtivo. Non hai oportunidades para os mozos. Aquí en Noia como en toda a comarca, cada vez que veñen as eleccións o PP, PSOE, BNG, promesas, como e a limpeza da ría, pero si non son capaces, de nin sequera de tapar os moitos baches das rúas de Noia. É a hora dun cambio, é a hora de Terra Galega e de Xoán Gato”. O coordinador nacional de Terra Galega e candidato á presidencia da Xunta nas próximas eleccións do 1 de marzo, Xoán Gato, prometeu que se Terra Galega é “clave” no goberno galego tralo 1 de marzo esixirá que a Xunta retome o proxecto para construír a ponte sobre a ría. Manque esta era a idea inicial da Xunta, finalmente o bipartito formado por PSOE e BNG desbotou o proxecto en favor dunha variante interior que afecta a miles de veciños e a numerosas vivendas. “O prometeron no 2009, agora nin se atreven a dar datas de execución”, denunciou. “Agora cambian de idea, prexudicando a milleiros de veciños. Esta é unha mostra máis da súa forma de gobernar ao igual que o foi o Plan de Vivenda. Este plan era unha boa iniciativa en orixe, hai que facilitar o acceso a unha vivenda a xente, pero acabou sendo unha desfeita porque esqueceron os intereses da xente, por gobernar de forma prepotente e despótica e porque o plan o deseñaron de costas aos Concellos”.
O candidato de Terra Galega definiu estes tres anos e medio goberno bipartito como “un desgoberno. Cada un polo seu lado competindo a ver quen o facía peor”. “Foi unha lexislatura perdida”, sentenciou. “Era imposible empeorar 16 anos de goberno do PP, pero eles case o lograron aumentando o caciquismo, o amiguismo..., sempre levados polas ansias de poder”. “Xa é hora de que a voz do pobo resoe no Parlamento galego. Xa é hora de dicir que os galegos non somos súbditos dos partidos estatais, xa e hora de dicirlle ao BNG que non representa aos galegos, que nos vendeu e que cambiou a estrela vermella da bandeira de Galicia pola VISA Ouro”, dixo con vehemencia.
martes 27 de enero de 2009
ESTE XOVES XOÁN GATO EN NOIA, ACUDE

Este xoves día 29 de xaneiro, tes unha cita con Xoán Gato as oito da tarde no salón de actos do Concello de Noia, alí charlaras co Candidato de Terra Galega a Presidencia da Xunta de Galicia. Si tes opinión, si sabes escoller, si non es dos que van, a onde outros te levan; acude e despois decides.
Xa o sabes o venres tes unha cita con Xoán Gato en Noia as oito no salón de plenos do concello.
viernes 23 de enero de 2009
O BARBANZA, NOIA E MUROS ESTARAN REPRESENTADOS NA CANDIDATURA DE TERRA GALEGA

Terra Galega incluíra a este servidor, Manuel Codesido Lorenzo nas listas desta formación política por A Coruña as eleccións do 1 de marzo no posto nº 21.
Terra Galega aspira nestas eleccións a acadar dous deputados respectivamente polas provincias de A Coruña e Lugo.
Xoán Gato, comprometeuse con Terra Galega do Barbanza a defender no Parlamento Galego actuacións en tres sectores esenciais para as comarcas de Arousa-Norte, Noia e Muros:
INFRAESTRUCTURAS:
-Variante de Noia con unha ponte sobre a ría.
-Autovía Boiro-Noia con conexión a Autovía do Barbanza.
EMPREGO:
-Ampliación dos polígonos industriais e axuda o pequeno comercio nas comarcas do Barbanza.
PESCA:
-Axuda e potenciación dos sectores marisqueiros e mexilloeiros das rías de Arousa e Ría de Muros-Noia.
Sen esquecer outras actuacións necesarias ,e que non foron quen de realizar, tanto nos gobernos do PP como no goberno do bipartito PSOE-BNG como son:
Ampliación dos peiraos de Ribeira e Pobra.
Saneamento da ría de Noia.
Corredor rápido entre Portosin e Ribeira.
Porto deportivo en Muros.
Polígono industrial en Porto do Son.
Reparación e ampliación da estrada entre Cee-Carnota-Muros.
Centro de Interpretación mariño da reserva de “Os Miñarzos” (Carnota).
Igualmente vos comunico que o vindeiro xoves día 29 as 20:00h, o noso Candidato a Presidencia da Xunta de Galicia, Xoán Gato dará unha charla no Salón de Actos do Concello de Noia. Acudide estades todos invitados.
BOAS OBRAS PERO O FUTURO VAI MAL
miércoles 21 de enero de 2009
A AUGA DA TRAÍDA DE NOIA DA ASCO

Parece mentira ata que extremos a nosa sociedade está durmida, anestesiada, e me refiro as veciñ@s de Noia. Día que chove, a auga dos nosos grifos sae de unha cor castaño, auga con restos de materia orgánica, e o curioso é que ninguén protesta.
Uns dirán que non beben a auga da traída, nin que tamén a utilizan para cociñar; pero é que a utilizamos para lavarnos, para lavar a nosa roupa, para lavar a louza, utilizase nas cafeteiras dos bares (Si cando pedimos un café, esa auga que se fai o café ven da traída). Pero existe un problema mais grave, esa auga sucia atasca o sistema dos nosos retretes e están tirando auga continuamente, esta auga sucia entra nos nosos termos electrónicos e os avaría.
Pero eso si, o trimestre temos que pagar o servicio de auga o Concello de Noia como si fora un servicio estupendo a prezo de ouro, sen que o Concello de Noia faga nada en solucionar o problema dos residuos na traída. Grazas goberno PSOE-BNG polo servicio da auga de Noia, e aínda por encima a subiron un 30% este ano.
viernes 16 de enero de 2009
POLA LIMPEZA EN NOIA
Esta fotografa foi tomada fai días en San Lázaro, pero a realidade é que as rúas, lugares e parroquias de todo Noia, están totalmente abandonadas, unha realidade na falta de limpeza, de desbroze de camiños, na existencia de vertedoiros incontrolados. Esto non se pode permitir Sr. do goberno PSOE-BNG.
Pero o casco de Noia centro (ben protexido), non é diferente, as pintadas están a orden nas rúas do casco vello, ata hai fai tempo unha na fachada da Igrexa de San Martín (Esto tamén é un atentado o noso patrimonio o igual que escudo e o goberno municipal non fai nada), por non falar das pintadas do palco da musica da Alameda. Ata pintaron as pedras do merendeiro do Monte do Bolo.
Pero a que esperan este goberno para en primeiro lugar solucionar as pintadas e a sucidade. Para despois perseguir as persoas que tiran lixo nos lugares non permitidos e que realizan pintadas no pobo.
Quizais as pintadas non se limpan por que algunhas son independentistas e están realizadas por....... SENTIDIÑO
A ALCALDESA INDEPENDIENTE DE PONTECESO APOIA A TERRA GALEGA, UNHA MÁIS CO NOSO PROXECTO

A alcaldesa independente de Pontecesures, Mª Isabel Castro, apoiará a Terra Galega nas eleccións autonómicas.
Deste xeito, Terra Galega continúa ampliando a súa lista de apoios de cara o un de marzo. A rexedora do concello pontevedrés amosou a súa disposición a apoiar á
candidatura encabezada por Xoán Gato.
Independentes de Pontecesures, formación de carácter independente e veciñal, que goberna neste concello desde mediados de 2007 amosou a súa disposición a
colaborar con Terra Galega nas próximas eleccións de 1 de marzo.
Así o confirmou a número un desta formación e alcaldesa de Pontecesures, Mª Isabel Castro tras reunirse ela e parte do seu equipo con membros da Dirección
Nacional de Terra Galega.
Nas últimas eleccións municipais, Independentes de Pontecesures acadou máis de 200 votos, por riba do 10% dos sufraxios totais.
Se hai uns meses anunciaron a súa entrada en TEGA os tres concelleiros independentes de Monfero, creáronse dúas novas agrupacións locais, as da Coruña
e Vilagarcía, agora o proxecto tegá vese impulsado de novo co apoio desta formación, o que demostra que Terra Galega é unha formación á alza, malia os
atrancos postos por uns poucos.
Ao longo destes días seguirán as conversas con máis agrupacións independentes co obxectivo de fortalecer a formación tegá.
martes 13 de enero de 2009
EN NOIA AUMENTOU O PARO EN 2008 EN 260 NOVOS PARADOS

Estamos en crise, uns din que é unha crise mundial, outros que unha crise estructural do estado español. Eu o que creo é que se acabou ca galiña dos ovos de ouro como era a construcción, o motor do desenrolo económico destes últimos 10 anos. Primeiro foi a Lei de costas, despois a Lei dos 500 m., despois a Lei das vivendas de protección oficial, despois a Lei do chan ou solo.... Quixeron regular tanto o sector, que produciu a crise de todo el, e como un domino, todo o sector servicios galego se foi a pique.
Gracias a construcción viviron os concello, os seus veciños, e se viviron a mellor etapa de crecemento de Galicia.
Neste ano que acaba, temos un dato: En Noia o paro aumentou en 260 parados, pasamos de ter o 31 de decembro de 2007, 714 parados no INEN, a ter o 31 de decembro de 2008, 974 parados no INEN, datos sen contar estudiantes e amas de casa, nin parados que realizan cursiños, e outros que as estadisticas borran dos parados, ainda que estean.
Esta é a desfeita da crise que estamos a ter, e que non ten solución, Galicia e unha das comunidades con maior paro, peores comunicacións, e peores servicios. O final quen ten a culpa, uns a outros se lanzan a culpa, eu só propoño unha cousa, que se gasten os máis de 2 millóns de Euros, en ampliar o maior posible o polígono industrial de Agualevada, e se de os térrenos a empresas a cambio de postos de traballo; con elo se creara traballo na súa construcción e traballo despois na instalación de empresas. No pais veciño, Portugal estase regalando terreo industrial a cambio de instalación de empresas, por que aquí non.
viernes 9 de enero de 2009
HAI QUE REMATAR O VERTIDO DE AUGAS FECAIS E CONTAMINANTES A RÍA
Cando xa levamos case a metade da lexislatura do goberno municipal PSOE-BNG, continuamos a ver, as mesmas desfeitas de sempre, basta observar a fotografía tomado a pasado luns, na malecon de San Lázaro: A ría de Noia continua a ser o vertedoiro, o desaugue das augas fecais, comerciais e industriais de toda a vila. Pero realmente está a funcionar a depuradora de Barro?, que é o que depura?; está e outras preguntas as realizan a diario veciños e veciñas, que pasean polos malecons e polos paseos de Noia.
Na campaña lectoral das municipais do 2007, todos os partidos en especial o PP, PSOE e BNG prometeron sanear e rexenerar a ría, rematar cos vertidos, retirar a escollera; a día de hoxe todo segue en estudios e proxectos. Dentro de uns días comeza a campaña das eleccións galegas, volveran a prometernos máis do mesmo: outros proxectos e estudios, pero ningunha realidade.
A única realidade é que temos unha gran industria na que traballan cerca de 5.000 persoas de Noia, Lousame, Outes, Porto do Son e Muros, que son os bancos marisqueiros da ría de Noia, a maior riqueza de un pobo, da que viven miles de familias. E hoxe ca crise que estamos padecendo, non podemos permitir que se mate a galiña dos ovos de ouro, pola desidia de políticos en cumprir co saneamento e rexeneración da ría. Menos promesas, menos estudios, só quero realidades e obras.
jueves 8 de enero de 2009
O VENRES 9 DE XANEIRO, TOD@S A NARON

Este venres, ás 9 da noite, en Narón, Terá lugar a presentación pública da candidatura de Xoán Gato á Presidencia da Xunta de Galicia. O acto terá lugar no recén inagurado Pazo da Cultura de Narón. Un recinto con capacidade para albergar a máis dun milleiro de persoas. Dende TERRA GALEGA animámosche a que veñas a apoiar a Xoán Gato no comezo da súa carreira nestas eleccións autonómicas que están a piques de principiar.
miércoles 7 de enero de 2009
NEFASTA CABALGATA DE REIS EN NOIA
O pasado luns celebrouse a Cabalgata de Reis en Noia, xa no século XV ou XVI, a igrexa instaurou que un dos tres Reis Magos, tiña que ser negro de cara potenciar a evanxelización en África. En pleno século XXI os gobernantes do Concello de Noia do BNG-PSOE instauran que ademais de ser negro, teña que ser muller. Este comentario non quere ser racista ou machista xa que a min persoalmente me da igual o sexo, raza ou condición; o importante é o fondo, o contido dos Reis Magos e do simbolismo dos regalos. Loxicamente prefiro uns Reis Magos, que unha botella de coca-cola gorda vestida cos cores da marca que nos visita o 24 de Nadal pola noite (americanadas consumistas, potenciadas polos laicos anti-igrexa).
Pero volvamos o méolle da cuestión, coma perseguidos polo mesmo Herodes, percorreu dende San Lázaro ata o polideportivo tres Reis Magos montados nuns corceis, unha calábaa e uns paxes que como cativos que eran, non daban máis de si por agotador sprin. A velocidade da luz, nin nenos, nin maiores; a silueta e esvelta figura dos reis divisaban . Os Reis non tiraban caramelos, o facían dende a calábaa –caramelos redondos como calábaas que na escola recibían os nenos mal aplicados, dicindo toma pobo de Noia que é o que mereces-.
Pero a cousa non rematou, entraron no pavillón e desapareceron entre infinidade de globos que era imposible diferencialos –Aquela torre de globos, será un Mago de Oriente?- Que ditosa fortuna, poder entrar e buscar os Reis, xa que poder acceder o pavillón xa era toda unha odisea grega. Os pais e os nenos percorrían un lado, unha porta, volvían o punto inicial. Unha man tiraba deles –papa quero ver os Reis Magos, papa entramos- o pai volvía a implicar clemencia e volvía co neno a porta do polideportivo, outra vez imposible. Miraba e como un raio de luz veu dous Concelleiros do goberno, pensou en dicirlle algo, en propoñer que as súas Maxestades, volveran a tempos pasados, no que eran recibidos na entrada do propio Concello de Noia, ca alameda e miles de nenos como protagonista. Desistiu delo, aqueles Concelleiros discutían entre eles, movendo as mans e os ombros en síntoma de incapacidade. O pai intentou volver a entrar, sorteando infinidade de carritos con bebes de regreso, pois o polideportivo non esta adaptado a semellantes vehículos, e os seus anxeliños ocupantes. O fin dou entrado, un canon de luz de cor, musica, globos, máis globos, e os Reis Magos, onde están? -Lle pregunta o fillo. Mira alí, parece unha coroa da Súa Maxestade, -lle responde. Pero as difilcutades e obstáculos non remataran, unha cola de fillos e pais que superaba o infinito estaba a esperarlles. Estas seguros que queres facer cola? -Lle pregunta o pai. Si -lle di o fillo. Alí están os sufridores pais ante o caos e falta de organización, esperando e camiñando lentamente para ser recibidos por unha torre de globos, !o! perdón un dos Reis Magos. O pai, saca a foto de rigor do fillo ca Súa Maxestade, e volta o calvario para poder saír do polideportivo, outra cola, tropezóns, comentarios sarcásticos contra o Alcalde de pais e nenos. O fin saen do labirinto, agotados e frustrados: O peque do carrito non puido estar cos Reis Magos.
Agora vira o Entroido, e máis do mesmo.
Unha voceciña me di no oído, "negados señoritos burrocratas maiores”, a festa dos Reis Magos e dos cativos, utilizade a imaxinación:
1.-Xogos populares todo o día na alameda e pavillon: carreiras de sacos, a coller co ovo, tirar da corda, chave, pintura, parchis, oca..... .
2.-A cabalgata por todo Noia, despaciño e tirando moitas lambetadas.
3.-Recepción das súa Maxestades na entrada do Concello de Noia, con canons de papeluchos (reciclado) espuma ou fogos.
4.-Entrega de cartas o Reis Magos.
5.-Festa rachada para os nenos.
martes 6 de enero de 2009
NACE TEGA-TV A NOVA TELEVISION EN INTERNET

neste novo ano nace a canle de televisión de Terra Galega en youtube, no seguinte enlace:
www.youtube.com/tegatv
Nesta canle todos os simpatizantes e veciños poderán ver boa parte dos actos de precampaña e campaña de TERRA GALEGA. O primeiro vídeo publicado neste novo espazo, é a poclamación de Xoán Gato como candidato de TERRA GALEGA á presidencia da Xunta de Galicia. Deste xeito, dende TERRA GALEGA continua ca aposta de achegarnos a sociedade mediante as novas tecnoloxias.
lunes 5 de enero de 2009
CARBÓNS PARA O GOBERNO MUNICIPAL PSOE-BNG
Espero que no proximo ano, darlle o goberno PSOE-BNG algo mellor que carbón e decir que foi un gran ano para Noia.
Xa pra rematar en que se van a invertir os máis de 2 millons de Euros, todos os concellos da comarca aprobarón onde invertilos e o publicarón na prensa, espero que non malgastemos os cartos en estudos ou proxectos e si en dar traballo os nosos veciños, por que soio en reparar cousas, non chegarian os cartos.
viernes 2 de enero de 2009
SUBEN OS IMPOSTOS E OS POLITICOS SUBENSE OS SOLDOS
Que nos espera en Noia: Subida elevada do servicio de auga, que aínda que no la subiron en xuño, a pagaremos con creces este novo ano. Comeza a revisión da contribución urbana, si tes un piso ou casa revisarase o valor a prezos actuais e pagaras máis. E seguramente nos esperen novas subidas de impostos xa que a construcción esta parada e como se recadara cartos, para pagar os nosos gobernantes.?
Súbenos os impostos os veciños por igual, pero por que non pagan os que utilizan a Alameda para acceder a un garaxe, os que contaminan máis, as antenas de telefonía e Tv. os cables aéreos e subterráneos de telefonía, Fenosa, gas e R, a ocupación de superficie por unha obra.
domingo 28 de diciembre de 2008
DÍA DOS SANTOS INOCENTES

Hoxe 28 de decembro, día dos Santos inocentes todos recordamos o infanticidio acaecido en Belén por Herodes no que ordenou a matanza de tódolos nenos menores de dous anos.
Hoxe en pleno século XXI, o infanticidio de Herodes continua a ter vixencia con mais de 180.000 abortos declarados en España neste ano, infanticidio como o revelado neste ano na prensa no que se asasinaban a bebes de 7 e incluso 8 meses algún incluso con aire nos pulmóns (repiraba) e como despois os pasaban por unha trituradora para desfacerse deles, resulta cruel o relatado pero é a realidade, Herodes esta nos políticos que dende o poder, creando leis, matan a bebes que seguramente serian o futuro do noso pais.
Os católicos cremos que a vida humano é sagrada, por que dende o mesmo momento da concepción presupón a acción creadora de Deus. Sabemos tamén que o aborto é un delicto abominable, tal como o establece o Concilio Vaticano II. A nosa función como laicos non consiste dende logo en xulgar as nais que abortan , as cales a miúdo pasan de verdugos a víctimas, se non en preguntarnos ca man no corazón si poñemos o noso gran de area para enfrontarnos por activa e por pasiva a esta funesta indolencia do Estado de dereito que é o aborto.
Os cristiáns apostamos pola promoción da cultura da vida como ben expón a Subcomisión Episcopal para a familia e defensa da vida:
A primeira acción é a atención as situacións onde a vida dunha persoa se atopa en perigo. Non basta que animemos a unha muller a que non acepte as presións que a empuxan o aborto e preciso que poñamos os medios para que as nais embarazadas podan levar a diante o seu embarazo, a sociedade esta a tomar conciencia que moitas veces o aborto prodúcese por que a muller se atopa soa ante a forte presión mediatiza que a empuxa o aborto. A sociedade ten a responsabilidade de ofrecer a estas mulleres a posibilidade de escoller que o seu fillo chegue a nacer. Por elo un so aborto e un enorme fracaso da nosa sociedade.
Unha cultura da vida si é verdadeira e non so un slogan ideolóxico, incidira necesariamente na política. Un pobo que ama a vida actúa sobre os partidos políticos que os representan e propoñen plans electorais e logo lexislacións onde o valor da vida sexa protexido e promovido. Hoxe en Galicia e na España con respecto o aborto temos unha das Leis que atentan contra a vida e polo tanto ten que ser abolida.
Igualmente tamén deberiamos tomar conciencia de que si as autoridades sanitarias velaran polo cumprimento da Lei e das condicións no que o aborto está despenalizado, non é temerario supoñer que o numero de abortos en España reduciríase drasticamente. Por elo a vez que pedimos a sociedade e os políticos a abolición dos supostos nos que o aborto esta despenalizado, porque e unha Lei gravemente inxusta e atenta contra a vida, instamos as institucións sanitarias a que persigan estes abusos por ser unha grave irresponsabilidade destas autoridades.
Todos temos a responsabilidade de promover a vida, cada un na medida da súa posibilidade, para evitar a extensión na nosa sociedade da cultura da morte e das Leis antivida.
A verdade do evanxeo exime a coherencia dos católicos en tódalas dimensións da vida, e tamén na vida pública. É certo que a primeira e mais directa responsabilidade respecto das Leis é do político que as promoven, pero os cidadáns temos a responsabilidade de non apoiar a quen promove leis que atentan de un nodo ou outro contra o sagrado da vida. O ben da sociedade require que cada un asuma mais seriamente a súa responsabilidade, igualmente no conxunto dos cristiáns como pobo, na construcción de un futuro mais humano.
Hoxe primase a cultura da morte fronte a cultura da vida, primase defender as clínicas abortistas da morte, os médicos que matan a persoas terminais, persoas que o único que lle interesa é enriquecerse a costa do sufrimento, persoas que non teñen ideoloxía, que se din progresistas, pero o único que lle importa son gañar diñeiro a costa do sufrimento dos demais. Hoxe queren ampliar a lei do aborto e propoñer unha lei de eutanasia, non defenden dereitos o que defenden e a cultura da morte e a riqueza de varias clínicas que seguramente financian con cartos a partidos políticos disfrazados de progresistas, para que estas leis se fagan realidade. Eu aposto pola vida, a nosa cultura e tradicións,; que deus perdoe a estes políticos corruptos da cultura da morte e da riqueza a calquera prezo.
E xa para finalizar unhas palabras do Papa Juan Pablo II en 1995 que como catolico expoño: “Hoxe unha gran multitude de seres humanos débiles e indefensos, como son, concretamente os nenos aínda non nacidos, esta sendo esmagada do seu dereito fundamental a vida. Si a igrexa, o final do século pasado, non podía calar ante os abusos entonces existentes, menos aínda pode calar hoxe, cando as inxustizas sociais do pasado, tristemente non superadas aínda, engádense en todas partes do mundo inxustizas e opresións incluso mais graves, consideradas tal vez como elementos de progreso de cara a organización dun novo orde mundial”.
Eu son mais radical e opino que o nazismo e os nazis esta volvendo a nosos días nos políticos e persoas que apoian o aborto e eutanasia, a loita continua entre os defensores da vida e da morte.
¿E ti nacionalista, de dereitas, de esquerdas, liberal, conservador,comunista... de que lado estas da morte ou da vida?
Manuel Codesido Lorenzo
miércoles 24 de diciembre de 2008
BO NADAL E PROSPERO ANO NOVO
lunes 22 de diciembre de 2008
TERRA GALEGA PRESENTARA CANDIDATURA PARA AS ELECCIONS O PARLAMENTO GALEGO DO 1 DE MARZO

Xoán Gato o próximo sábado día 27 de decembro será proclamado candidato a Presidente da Xunta por o partido político TERRA GALEGA, o acto terá lugar as 12:00h. no Hotel Congreso de Santiago de Compostela.
Xoán Gato e Diplomado en relacións Laborais pola Universidade de santiago e Alcalde de Narón dende o ano 1985, esta casado e ten tres fillos e catro netos.
E seguramente o un de marzal sexa deputado no parlamento de Galicia e candidato a Presidencia da Xunta de Galicia por TERA GALEGA.
jueves 18 de diciembre de 2008
ESTO NON SE PODE PERMITIR EN DEMOCRACIA
Moitas veces o dicir o que un pensa ten os seus riscos, e xa empezamos cas represalias, como vedes o actual grupo de goberno do PSOE-BNG me instalou os contenedores que vedes na porta da miña casa, quizais digades que agora non vivo hai, pois estades equivocados, o meu piso actual quizais me importa menos que esta casa que foi onde vivín por primeira vez a vida neste mundo, a miña casa onde vivín mais de 28 anos, casa onde vivían os meus pais, os meus avós, casa que é a única que se mantén en pe das antigas de San Lázaro e dicir a mais vella de todo San lázaro e Rep. Arxentina, a sede nas eleccións locais de Terra Galega. Por este motivo retiran os contenedores que antes estaban en fronte do local que agora esta a Caixa Catalana e mos poñen na miña porta.
Hai que ser malvados e fillos da súa nai, por non dicir outra cousa, colocan os contenedores na porta da casa de un veciño de Noia, para que uns banqueiros, ricos que fan o que queren, non lle cheire a lixo e non molestan os clientes mentres se fan ricos. (Vamos de cu con estes socialistas-comunistas)
Chamei a Mancomunidade Serra do barbanza para protestar e que cambiaran os contenedores de sitio, a resposta me deixou frío, a decisión de colocar alí os contenedores foi do Concello de Noia (PSOE-BNG).
Eu sempre digo que tarde ou cedo o que fai algo por maldade o acaba pagando, no camiño nos atoparemos.
miércoles 17 de diciembre de 2008
TEAN OF RIVALS
Pero o que quero comentar é o “Tean of rivals” que xeralmente os grandes lideres sempre practican. Os grandes lideres o chegar o poder, non elixen a persoas de baixa categoría, si non que elixen a persoas que teñen igual o maior personalidade que os mesmos lideres, a maioría das veces persoa que incluso foron rivais no seu mesmo partido, crean un grupo de persoas do mellor do partido de cara gobernar e sacar a diante un proxecto común para os veciños.
Na política local de Noia, nunca se realizou o chamado “Tean of rivals”, todo o contrario os lideres na democracia en Noia, sempre se acompañaron dos inútiles de terno, daqueles que lle lambían o cu, o aqueles que lle decian “si guana” aínda que fora o maior error, e así lle foi os nosos Alcaldes electos: unha lexislatura no goberno e outra na oposición.
Aínda recordo unha vez, que militando nun partido político e sendo concelleiro, tiven unha reunión con unha persoa que seria Alcalde e me dixo: “ Sei que che gusta a política e che gusta traballar polos teus veciños, pero tes un grave problema, tes opinión propia, pensas e tes iniciativa; eu non quero o meu lado unha persoa así, quero persoas que fagan o que lles mando sen preguntar nin opinar” Pero anteriormente xa tiven xunto con outros concelleiros que naquel intre gobernado, nos chamaron a Santiago, eu non tiña nin 20 anos, e alí diante de un tío de gafas pelado, un líder, pega un puñetazo na mesa e di: “Impórtame unha merda Noia e os seus veciños, aquí faise o que mando eu e nada mais” Sr. Bieito acórdaste de isto.
Cando teremos en Noia un líder que sume o seu proxecto as persoas mais validas do panorama político da vila, que un líder que suceda a outro que sume en vez de restar, que cree un equipo de rivais ou “Tean of rivals”.
viernes 28 de noviembre de 2008
POR UNHA PONTE PARA SAN LAZARO CO CAMPO DE NOIA
Hoxe quero pedir unha ponte para comunicar San Lázaro con o Campo de Noia, esta obra é moi necesaria xa que San Lázaro creceu enormemente sen darlle unha solución o trafico rodado, si San lázaro pode ser o aparcamento do casco urbano aíndavehículos pero os seus residentes non teñen que aturar que para saír o casco urbano ou para santiago, Muros, teñan que facer un Stop na ponte e esperar que circulen os vehiculos de Porto do Son e de outros lugares. San lázaro esta discriminada e os veciños temos que aturar ser o aparcamento e ainda por fastidiar mais que cando queremos ir para as vías de comunicación teñamos que esperar a que o resto pase. Temos o Centro de saúde, o Campo de fútbol, a Cofradia de Pescadores, comercios, supermercados, pero a cruzar a ponde San Lázaro, temos que ceder o paso a todo vehículo que vaia a outros lugares a pesar de existir dobre carril, Sr. Alcalde de Noia si os que van para Santiago despois de ir as praias, teñen que esperar, que esperen, primeiro son os veciños de Noia e de san Lázaro.
A PISCINA DE MUROS SI, EN CAMBIO A PISCINA DE NOIA POR AGORA NON
miércoles 19 de noviembre de 2008
NORABOA POLO NOVO CENTRO CULTURAL E BANDA ANCHA PARA O POLIGONO DE AGUALEVADA
Invito igualmente o goberno municipal a acadar unha axuda moi necesaria, e que Noia non pode perder mais tempo sen ela: a construcción de un gran museo de laudas gremiais, da pena ver o estado de conservación no exterior, de tamaño ben cultural da nosa vila, que é visitado por miles de persoas todo o ano. Quero expoñer unha idea, por que non se merca e restaura para o museo o edificio de pedra que foi no seu día unha fabrica de curtido e salazón a carón da ponte de Traba. Esta edificación si que esta nun aspecto lamentable e será outra desfeita de edicicio patrimonial para o noso pobo a súa perdida.
Mentres estaba escribindo esta entrada me entero que Innovación e Industria ven de subvencionar a instalación de banda ancha de internet no poligono industrial de Agualevada, seguro que os nosos empresarios que teñen instalado a sua empresa ali estan agradecidos.
viernes 14 de noviembre de 2008
GOBERNA O PP; PSOE E BNG E TODO SEGUE IGUAL
Moito contratar persoal, pero esta rúa leva máis de dous anos con este aspecto, e unha estrada municipal, polo que a competencia e do concello de Noia gobernado polo PSOE-BNG, e así esta, e continua no estado dende antes das eleccións locais –podes ver neste blog as miñas denuncias o respecto-.
Pero imos a ver nadie dos nosos gobernantes ten un pouco de miolos para ordenar botar un pouco de asfalto nestes surcos ou furados na estrada, si así levan o concello mal vamos, todo é cobrar a fin de mes pero xa me están parecendo a mesma xestión que o goberno anterior de Insua.
Creo que todos coñecemos o problema por que esta o lado do tanatorio, pero mirade as fotografías.
Bueno continuar a votar nas próximas elección a Insua, Bieito e Guerrero o final todos son o mesmo.
lunes 10 de noviembre de 2008
FOCOS PARA ILUMINAR O ACCESO A FONTE DE PEROCAS
Hoxe quero reclamar , só dous focos para iluminar o acceso a fonte de Perocas, esta fonte e utilizada por moita sente da Avda. Coruña, da Calzada e de Santa Cristina. Só e necesario un par de focos para iluminar dito trazado, e de paso iluminar as casas que se atopan nese camiño. Por certo o outro día uns rapaces o amparo da noite romperon un s cristais a unha casa situada nesta vía.
Tamén esta vía vai dende a Avda. de A Coruña a esta fonte, un treito do camiño realizado en formigón foi realizado por particulares, para acceder as súas vivendas.
Paréceme ben que o Concello estea a contratar persoal para realizar obras, pero teñen que ser obras necesarias para todos os os veciños non para os amigos do partido do alcalde ou dos seus socios.
miércoles 5 de noviembre de 2008
A INFORMACIÓN: UN DEREITO DOS VECIÑOS, POR UNHA PAXINA WEB DO CONCELLO DE NOIA
Non vou a escribir máis comentarios só os invito a ver as paxinas de:
www.boiro.org
www.concellodelousame.com
www.outes.es
www.riveira.es
www.muros.es
O Concello de Noia esta anticuado, é un dos concellos que non dispoñen de información na red e na web. Hoxe con só este dato podemos dicir que o noso concello o queren manter no pasado, sen información só para un poucos, que un veciño non poda presentar instancias ou solicitudes por internet, nin enterarse das actividades e propostas que realiza e si estudias en Santiago ou noutra universidade menos .
Por favor revélate é solicita os nosos gobernantes que dispoñamos na red de información sobre o noso concello. Noia ten que existir en internet e ter web.
Por certo os invito a comparar os impostos municipis nos diferentes web de concello veciños.
martes 4 de noviembre de 2008
O ENGANO DA TAXA DA AUGA EN NOIA
O 31 de maio de 2008 o Concello derroga a Ordenanza nº 7, reguladora da taxa polo abastecemento de auga potable e a Ordenanza nº 12, reguladora da taxa de sumidoiros. Que quere dicir esto que, ata o 20 de xuño que saio publicado no BOP, estas ordenanzas estaban en vigor e curiosamente de nada se falaba de cota por mantemento e conservación de contadores.
O 6 de agosto de 2008 publicase no BOP a ordenanza fiscal nº36, nela se expón na disposición transitoria “ O período impositivo semestral será de aplicación a partir do 1/1/2009. Para o exercicio 2.008 manterase o período impositivo trimestral, sendo de aplicación as tarifas da presente ordenanza para o cuarto trimestre do exercicio, aplicándose a tal efecto de forma porpocional en relación ao período a que fan referencia”.
Esta ven claro o período impositivo ata 2009 será trimestral, en cambio o Concello de Noia pasa dous trimestres seguidos o primeiro e o segundo sumados a pagar neste mes, en contra da propia ordenanza.
Pero máis cousas de como nos tratan os nosos gobernantes no Concello de Noia, nos venden que a nova ordenanza ten como fin que o que máis gaste en auga máis pague, pero resulta escandaloso a diferencia que aparece entre uso doméstico e uso comercial ou uso para obras, así mentres para uso domestico ata 20 m3/semestre pagas a 0,22€/m3 para outros usos (comercial, obras etc) pagas 0,22€/m3 ata 30 m3. Que quere dicir esto que os usuarios domésticos, a maioría no primeiro tramo de consumo pagaremos máis o m3 que comercios e obras, o que é o mesmo os grandes consumidores de auga serán beneficiados a costa dos pequenos consumidores. Alquen pode pensar que alarmo sen motivos pero comparade o recibo destes dous primeiros trimestres co próximo que se nos aveciña, en fin din que chove e mexan por nos.
Por ultimo a cota por cantador dos dous primeiros trimestres e ilegal, e esto si que un roubo ou atraco do actual grupo de goberno, pois non esta en ningunha ordenaza, antes a aplicaba unha empresa pero agora e unha administración e ten que estar regulada e non estaba nos primeiros trimestres.
viernes 31 de octubre de 2008
ESTAMOS EN CRISIS E TOMA IMPOSTOS EN NOIA
Pero este mes de novembro o goberno do PSOE-BNG de Noia, parece que o quere poñer todabia mais difícil e complicado, xa que non lle basta con que finaliza o prazo para pagar a contribución, tamén temos que facer fronte, gracias o Srs. Guerreiro-Bieito , de pagar as taxas de lixo e de auga e saneamento pero non de un trimestre si non de dous.
Pero falemos de números, unha vivenda pequena, modesta en Noia non é menos de 125€ de contribución, agora sumamos dous trimestres de auga e saneamento 27,92€ si é que non te pásaste co consumo mínimo, e dous trimestres de recollida de lixo 30,60€ . En total neste mes de novembro teremos que facer fronte a 183,53€, e todo por que nos meten os seis primeiros meses destas taxas no mes de novembro, cando tiñan que facelo por trimestre neste ano.
Dende Terra Galega consideramos un falta de xestión, de vontade política e deixades que o grupo de goberno de Noia cobre con meses de atraso ditos recibos, e mais sabendo que nos próximos meses pasaran o últimos seis meses con unha subida de mais do 50% no recibo da auga por xestionar o servicio directamente por a modificación das taxas realizada e xullo.
Temos que recordar que actualmente o Concello de Noia dedica mais cartos o pago de salarios de cargos electos (Concelleiros-Alcalde) que na anterior lexislatura (na que cobraba só o Alcalde). E estamos a ver que non cambiou en nada respecto a servicios e obras con respecto a pasada lexislatura, e os veciños temos que estar apretandonos o cinto para pagar os impostos municipais.
Terra Galega-Noia
lunes 27 de octubre de 2008
CAMARAS QUE ATENTAN A INTIMIDADE NA RÚA REP. ARXENTINA
Hoxe quero falar de algo que mete medo, o control que teñen sobre nos, si, hoxe estamos rodeados de medios de comunicación que nos controlan, dende o telefono móbil que coñecen a nosa situación, a infinidade de cámaras en locais comerciais que rexistran os nosos movementos. Pero onte me quedei asombrado en Noia, o descaro e invasión da intimidade de dúas cámaras instaladas na nova sucursal de A CAIXA na Avenida República Arxentina, a mesma rúa que sirve de acceso o Centro de Saúde, dúas cámaras conectadas con dita oficiña, recollen imaxes, e que imaxes pois son os que entran na oficiña e no caixeiro e dos que andan por alí, por exemplo para ir o medico.
Segun me informei na Axencia de Protección de Datos ditas cámaras poden ser ilegais, xa que só poden instalar cámaras dentro da entidade bancaria, igualmente teñen a obriga de poñer avisos informativos da existencia das cámaras e dicir ata onde están gravando.
Non sei vos pero eu estou pensando en denunciar a dita entidade, todos temos dereito a nosa intimidade, e moitos mais que unha entidade financeira que acade datos si vamos o medico o si paseamos por dita rúa. Como vedes son dous pequenos modulos que ten fora a sucursal e que te estan grabando.
Manuel Codesido Lorenzo
jueves 23 de octubre de 2008
REALIDADES DE NOIA

Falando con unha persoa me comentaba: “Moito presuposto da Xunta para Noia, pero de inversións directas para Noia, nada de nada, a excepción de 1 millón de € de Portos de galicia para acondicionar o malecon si Costas da permiso. Mira da inversión dos presupostos para 2009, o que di o Alcalde Guerrero, tamén o podria dicir os alcaldes de Ames, Lousame e Porto do Son polas obras da Autovía e do treito dende Taramacos o Son; e da inversión directa que fale Ribeira: Novo polígono industrial que generara riqueza con empregos e novos habitantes para alí 10 millóns de €, Carballo: Dous polígonos industriais 10 millóns de €, A Estrada: Cidade do moble: 11 millóns de €. Por todo elo e ca crise que se esta montando, preocúpate dos problemas reais dos veciños que o fume se dispersa rapidamente.”
Despois de pensar creo que lle dou a razón, mirade xa en marzo de 2007, comentaba o mal que estaba a estrada que vai dende o Tanatorio a estrada que vai para Santa Cristina, e tal como estaba, esta e peor, co fácil que é solucionar estas pequenas cousas e detalles e que difícil o fan os nosos gobernantes. Ben daremos un días a ver si len esto e o solucionan, por favor un pouco de traballo e pasear por Noia para solucionar pequenos detalles, pero importantes para os veciños.
Manuel Codesido Lorenzo
miércoles 22 de octubre de 2008
UN PRESUPOSTOS BOS PARA O FUTURO PERO MALO EN REALIDADES
Pero falemos de presupostos, onde esta o presuposto para o museo de laudas greniais, os polideportivos, para un novo centro de saude, para unha galescola, o suministro de auga potable... .
Si me gusta o presuposto da Conselleria de Politica Territorial, obras publicas e transporte, pero me falta a axuda de outras consellerias que tamen son necesarias as suas inversións.
Manuel Codesido Lorenzo
lunes 13 de octubre de 2008
UN POUCO DE LIMPEZA E HIXIENE NOS PARQUES INFANTÍS DE NOIA
E noxento e sobre todo antihixiénico que dende fai maís de 15 días que non se vacian as papeleiras do parque infantil da alameda, si Srs. do Goberno Municipal de Noia, as papeleiras en forma de ranita, duas que están no parque, están a rebordar de potitos, pañais con merda, restos da merenda.... e si, dende o mércores pasado están a rebordar e a tufar todo o parque, si alí, onde xogan os nosos fillos, alí, onde tes que aguantar o cheiro das papeleiras, si, alí, onde non te podes despistar por que os teus fillos pequenos poden ir as ranitas-papeleras e meter a man na lixo.
Non estou pedindo a reparación de algúns dos xogos, nin que se limpen de follas do outono, nin que se merquen novos xogos, só estou a pedir que alguén vaia o parque infantil e vacie as papeleiras, creo que e sinxelo e non ten ningún custo e os usuarios dos parques infantís llo agradeceran o equipo de goberno.
Manuel Codesido Lorenzo
viernes 10 de octubre de 2008
SI A INSTALACION DE BANDAS RUGOSAS NAS ESTRADAS DE NOIA

O igual que no anterior goberno municipal do PP, estou totalmente dacardo e son necesarias as bandas rugosas nas nosas estradas, por elo felicito o actual goberno, espero que amplíe as estradas onde poña estes dispositivos como por exemplo Avda. de A Coruña, San Lázaro, Álvarez de la Braña...., Sei que son algo molestas para todos os vehículos, pero son necesarias, por que existe hoxe en día moito descerebrado que cree que por conducir un vehículo a gran velocidade e todo poderoso, cando a realidade é que esta mal da cabeza.
Tamén deberiaxe regular e poñer marcas viarias, por que é de todos sabido no cruce da fotografía entre a rúa Álvarez de la Braña e a pararela a Carcasia, estes descerebrados van a toda velocidade e o chegar a este cruce dan un trompo e volven a esta rúa pararela a Carcasia. E xa por ultimo sen non é moito pedir, controlar os ruídos das motos e ultimamente de quaks a escape libre ou trucado, pois ese son, lles resulta altamente desagradable os nosos maiores polo tipo de son que emiten, e os nosos maiores hai que respectalos.
Manuel Codesido Lorenzo
lunes 6 de octubre de 2008
NOIA 0€ NOS PRESUPOSTOS DO ESTADO ESPAÑOL

Dende que o bipartito Psoe-Bng gañaron as eleccións municipais, pasaron dous presupostos xerais do estado Español, nestes dous presupostos o acadado por o noso concello e un 0€ de Zp, poden dicir que nestes dous presupostos se esta a redactar o proxecto de limpeza da ría, poden dicir que no próximo ano si terá presuposto, pero a realidade e ben distinta:
O Concello de Noia é o único goberno do Psoe nas comarca de Arousa norte, Noia e Muros a excepción de Rianxo. En cambio dos poucos cartos destinados para o Barbanza nestes presupostos Noia recibe 0€, Rianxo si, e outros concellos de outros signos políticos si.
Eu sempre denuncio e volverei a denunciar, que o Concello de Noia e o Concello das comarcas antes citadas que menos inversións recibiu de costas en toda a democracia, este dato o Sr. Alcalde pode facilmente demostralo, é como si existira unha man negra neste organismo que evite sempre que Noia sexa beneficiada, ou que os nosos políticos son negados para acadar axudas.
Noia ten e debe estar nos presuposto xerais do estado, sobre todo a nivel de mellora das nosas costas: Limpeza da ría e retirada da escollera; Paseo marítimo dende a Chainza ata Testal; melloras e servicios na praia de Testal (Bandeira Azul); Ordenación do espacio de Boa; Ampliación do carril e construcción de beirarrúas entre o peirao e o ponte de Noia.
Por favor con todas estas obras e necesidades, non me enganen dicindo que están a realizar proxectos, hoxe teñen todo: goberno central, deputación, xunta; e eu quero ver resultados e melloras para o meu pobo. Aínda recordo os seus lamentos fai anos por que decia que non tiña de man ningún goberno amigo, hoxe os ten e vexo que nada de nada e espero equivocarme polo ben do meu pobo. Tamén observo que neste goberno faltan ideas e imaxinación e sobran burócratas e vendedores de fume. Espero que nos presupostos da Xunta de Galicia si teñamos obras, melloras e servicios (sen contar a estrada a Santiago e a variante).
Manuel Codesido Lorenzo
viernes 3 de octubre de 2008
A RÚA DO CURRO

Van pasando os anos e unha cousa que sempre me chamou a atención, é como a famosa rúa do Curro leva moito tempo con un lado reparado, con chan de pedra, accesos con rampa..., en cambio o outro lado nada de nada: Pedras soltas, sin accesos de rampas, buratos, desniveis, chan medio de pedra e medio de pedra totalmente esquencido de reparación fai anos. Toda a rúa debe ser reparada por igual, o outro día estiven no Coliseo, e un visitante de fora de Noia me comentaba como era posible que o acceso para ali estivera ben en cambio no frente a rúa é tercermundista.
Lle expliquei medio en chiste medio verdade que era a mentalidade dos gobernantes noieses dividir os propios veciños para seguir decidindo os mesmos e sin facer nada por o pobo, así si algo vai ben eles mesmos se encargan de dividir e dividir, duas corais, duas orquestas, duas compañias de teatro, dous pesoes, dous benegas, dous pepes, dous............ e coidado que é contaxioso por herdanza.
Volvendo o tema, é sorprendente que ata agora non se fixera nada, xa que existen moitos negocios, e esta a entrada da plaza de Abastos. En cambio continuo preguntando: Cantas veces se reparaou a praza da Fanaqueira?
Manuel Codesido Lorenzo
jueves 2 de octubre de 2008
OS CONTINUOS CORTES DE AUGA EN NOIA

Estou cansado de sufrir cortes de auga na miña vila, cortan a auga a horas de saír a traballar, de facer de comer, ou un domingo pola maña; a culpa é da arcaica tuberia de abastecemento que temos, que a día de hoxe esta prohibida para o distribución a veciños por ter amianto. Non dubido que o nosos actuais gobernantes do PSOE-BNG non estean a buscar solucións e axudas da xunta para solucionar este grave problema, pero tamén teño que dicir que por fin podo votar a culpa directamente ao Sr. Guerrero e o Sr. Bieito da desfeita do sumistro de auga os nosos fogares, antes me malxuraba en contra da empresa concesionaria, pero hoxe podo culpar directamente a uns políticos que neste tema son nulos na solución da causa e que levara os seus anos solucionala. Eu o que faría é sacar urxentemente a concurso o servicio de auga engadindo no priego de condicións a substitución de toda a tuberia de fibrocemento a conexión de auga a todas as parroquias e lugares que a día de hoxe carecen de auga potable, xa moitas empresas importantes de auga querrian o servicio de Noia.
Por certo, a que o logo me sona a PSOE, os cores son e o logo?, xa estamos con tecnicas do pasado subliminais que utilizarón na segunda guerra mundial.
Manuel Codesido Lorenzo
miércoles 1 de octubre de 2008
A PISCINA DE NOIA
Por outra parte é necesario facer un vestiarios mais ampliados, e modificar a taxa da piscina pois non pode ser, que cobren os días cando esta pechada, ou o horario de verán que significa estar pechada durante tres meses cerca dun 50% do horario que si esta aberta no inverno.
É remato Sr. Concelleiros do goberno e da oposición, mais traballar e menos política de salón........
Manuel Codesido Lorenzo
jueves 25 de septiembre de 2008
A RÚA CARCASIA ESTA A FUNDIRSE ANTE A DESIDIA DO CONCELLO

Moita xente que pasea pola rúa da Carcasia esta queixarse dos buratos e fendeduras que se atopan nas beirarrúas da dereita de esta, so pasar do Santolo e ves xa baldosas rotas, furados mal tapados na acera, pero o mais preocupante e como vedes na fotografía e que non leva uns días, nin uns meses, nin un ano, si non que se atopa así dende mais de tres anos é o burato por non dicir cova situada a carón de un semafono e paso de peatóns; neste lugar dende fai anos sempre que chove o ser a interconexión de unha ampla zona de saneamento e de augas pluviais, desborda facendo unha autentica desfeita. Pero para min o problema non só esta hai, eu creo que é en toda a rúa pois de cando en cando aparecen buratos na acera. Non é a primeira vez nin será a ultima que persoas maiores e nenos caen por culpa desto buratos dos que ninguen se preocupa, co agravante que nesta zona existe unha gardería, unha farmacia, un supermercado e varias tendas.
Pero dende este blog, pido que se realice un estudio serio da seguridade tanto das beirarrúas como do chan no que están asentadas e se repare, así como de unha vez se solucione e repare o burato cerca do semafono e as cousas se fagan ben.
O Concello de Noia leva anos gastando os cartos moitas veces en obras inútiles ou reparando obras xa reparadas que o político de turno non lle gustou como quedou, en cambio as verdadeiras necesidades están aínda sen resolver.
Manuel Codesido Lorenzo
NORABOA POLOS 5 MILLONS DE EUROS PARA O SANEAMENTO
E por ultimo unha verdade, todos na campaña falaban de limpar a ría e os veciños entendian que era limpar os fangos e lodos, COMO LLES VAS EXPLICAR SR. GUERRERO E SR. BIEITO en que consiste tal limpeza?.
Manuel Codesido
lunes 22 de septiembre de 2008
NOVO ASESINATO DOS SICARIOS DE ETA
viernes 19 de septiembre de 2008
OS ENGANOS OS VECIÑOS CA VARIANTE

Pero vaiamos o tema do engano: Como xa escribín a proposta se presenta fora de prazo para as alegacións, por parte de Bieito González se di que se esta negociando ca Consellería de Obras Publicas de cara aceptar esta proposta de consenso, nas municipais o BNG vendeu esta opción os veciños preocupados polas súas vivendas e terreos, é mais pon na propaganda do BNG das eleccións co titulo “Noia necesita un proxecto de futuro serio” e escribo tal como pon respecto a variante de Noia proposta por eles: “ Maís do 90% do trazado proposto discorre por terreos forestais de Noia e Lousame, resultando esta alternativa máis económica que calquera das tres opcións, posto que reduce o número de viaductos da opción “C” e non leva túneles.
Non é necesario expropiar vivendas.
O chan con posibilidades de desenvolvemento urbanístico queda intacto, algo a resaltar de cara ao futuro crecemento de Noia.
Mellora as comunicacións do conxunto dos concellos da comarca con todo o pais. É a única opción que ten un fácil desdobramento futuro, o que vén evitar un problema como o actual.
Ten seis enlaces, máis un que propoñemos que se estude na zona de Argalo.Isto implica que non é necesario entrar en Noia, vaiamos para onde vaiamos.
Utilización do viario actual para todos os enlaces, o que limita o terreo a afectar.
Permite enlazar o polígono industrial con todo o país.
Permite desde o acceso de San Roquiño, unha comunicación rápida e cómoda co Confurco e, polo tanto, coas cidades e vilas de galiza sur.
Esta proposta podería ser executada de forma inmediata.
Non se esquence do Concello de Lousame, valorizando o mesmo, especialmente o polígono e a parroquia de Tállara.
Sepárase o acceso do núcleo de Sampaio”.
Como vedes todo mentira e falsidade para enganar os veciños, por que despois de chegar o poder municipal, nada de nada. Xa me gustaría que gastaran as mesmas forzas na defensa desta proposta, que as que están a utilizar na defensa da Policía Local (constando que a policía Local ten dereito o que pide).
Manuel Codesido Lorenzo
lunes 15 de septiembre de 2008
A CHAPUZA DA RÚA DE GALICIA

Gústame pasear por Noia e ver as necesidades do pobo, nas nosas parroquias, no casco vello, pero cando paso por esta rúa e observo esas moles de ferro, esa reforma que durante tantos días complicou o trafico por a nosa vila; pola miña imaxinación non entende quen fixo esto.
Imos por partes: esta obra custou mais de 240.000€ ou 40 millóns das antigas ptas, cada un dos 25 moles de ferro ten catro focos de 1000W cada un, os remates dos beirarrúas rematan a machada si te despistas o saír do cruce sobes a beirarrúa cas rodas do coche, os viales son estreitos nas dúas direccións e desaparece o dobre carril no semafono, todo esto a espera da nova chapuza das beirarrúas no outro lado.
Lamentable, e seguramente pasara como a praza da Fanaqueira, alguén sabe as veces que foi reformada cos cartos de todos os veciños?. En Noia existen obras mais importantes e necesidades que facer chapuzas con moles de ferro.
Manuel Codesido Lorenzo
miércoles 3 de septiembre de 2008
A ALAMEDA DE NOIA

Dende este blog quero denunciar todo esto, quero un control de accesos de calquera vehículo a nosa alameda, un regulamento no que se contemple por onde e a que horas se pode circular, a prohibición de circular a todo vehículo incluso municipal polo enlousado, que o garaxe instale unha barreira de acceso con sinalización acústica e luminosa cando un vehículo vai entrar e saír (eu persoalmente prohibiría o acceso ou lle cobraría unha taxa que non lle quedaran gañas de ter un garaxe alí). Quero que se aplique o regulamento de prohibición de circulación de bicicletas, monopatíns e de xogar o fútbol a maiores de 8 anos. Quero que se repare todo o enlousado roto e que están a producir caídas a nenos pequenos e anciáns.
Por favor goberno e oposición devolvan a alameda de Noia o lugar de esparcemento que sempre foi.
Manuel Codesido Lorenzo
viernes 20 de junio de 2008
A SUBIDA DE ENTRE UN 15% E UN 30% DA AUGA OS VECIÑOS NO CONCELLO DE NOIA LOGRA QUE ESTE MUNICIPIO SEXA NO QUE A AUGA SEXA MAIS CARA DO BARBANZA
Esta é o que dí o Sr. Alcalde de Noia García Guerrero no seu blog, é curioso que fale de que a xestión de servicios por unha empresa privada e mala para os veciños, cando unha vez que ten a xestión directa a través do concello a súa primeira medida e subir o recibo da auga entre un 15 e 30 %, o que o mesmo os noieses por asumir directamente o servicio de auga nos vai supoñer unha subida de impostos.
Sr. García Guerrero, en Galicia só os concellos máis atrasados, os concellos de menos de 3000 habitantes teñen a xestión directa do servicio de auga, os concellos importantes, os concellos que aspiran a solucionar os graves problemas dos veciños, teñen o servicio de auga xestionado por unha empresa privada ou mediante unha xestión mixta.
Que significa para Noia ter a xestión directa do servicio de auga: En primeiro lugar unha subida de impostos para os Noieses e un aumento da partida de gastos de persoal no Concello de Noia. En segundo lugar un servicio que seguramente ira a peor en calidade xa que un concello como o de Noia non ten a capacidade de calquera das empresas que se dedican a xestionar a auga, que ante calquera grave problema de abastecemento teñen capacidade de solucionar rapidamente, en Noia ante problemas que seguro que tendremos teremos que pedir axuda a ditas empresas co gasto para as arcas municipais.
Que fariamos dende Terra Galega, sacar a concurso o servicio de auga, cunhas condición beneficiosas para os veciños como é: Mellora da calidade da auga e do sumistro, substitución de todas as tuberias de fibrocemento que poden ser canceríxenas, cambio da depuración e abastecemento de auga potable a todo o municipio é todo o faría a nova empresa sen custe para os veciños.
O que nunca fariamos seria subir impostos e o prezo do servicio da auga entre o 15% e o 30% para xestionar un servicio e non ter capacidade para elo, e xa podemos dicir que ante calquera problema na calidade da auga e corte no abastecemento só tera un responsable o propio Alcalde de Noia e o seu goberno .
E xa por ultimo o Concello de Noia tera a auga mais cara de todolos veciños do barbanza, e todo gracias a que acadou recuperar a xestión directa do servicio, que sumado a crisis, o gasto en gasolina...etc Gracias Sr. Alcalde do PSOE e BNG.
viernes 30 de mayo de 2008
NA DEFENSA DO SECTOR PESQUEIRO DE GALICIA

Hoxe comezou un paro da flota galega, un paro de cara expoñer o perigo de supervivencia deste sector da nosa economía. Un dato hoxe a distribución dos productor do sector primario están en mans de só sete empresas de distribución que en realidade son as que marcan o prezo de venta final os consumidores, é isto o principal problema da pesca en Galicia, mentres en lonxa un quilo de peixe por exemplo:
-Faneca en lonxa a 1,48 euros.
-Lirio ou bacaladilla en lonxa a 0,31 euros.
-Merluza en lonxa a 4,52 euros en lonxa.
-Pescadiña en lonxa 2,23 euros en lonxa.
-Xurel a 0,80 euros en lonxa.
Que prezos teñen nos supermercados e pescaderias?, poi o dobre ou o triple. Este é o grave problema deste sector, mentres o peixe en orixe sigue igual que fai 15 anos, nos comercios de venta o prezo esta o dobre ou mais.
Que esta a producir isto que ca subida do gas-oil, dos salarios, dos gastos de mantemento das embarcacións e pago de créditos unha embarcación non se poda manter e a maioría dos armadores este esperando de cara poder vender ou acollerse a subvención da unión Europea de cara destruír a súa embarcación.
Que sucede na maioría dos pobos mariñeiros, que o 60% ou 70% depende da pesca, si o sector funciona os demais sectores de servicios do pobo funcionan, si a pesca non funciona ou desaparece tamén o sector servicios.
Esto ben sabemos en Noia, cando comeza o marisqueo a maioría dos sectores de servicios de Noia saen beneficiados, cantos comercios de electrodomésticos, roupa, servicios están a esperar a que comezo o marisqueo para que o seu negocio funcione e incluso que consiga os seus beneficios que o fan manterse durante todo o anos. Pois para todo pobo mariñeiro a pesca significa o mesmo e temos que defender este sector e potencialo.
Por todo esto Terra Galega de Noia apoia o sector da pesca apoiamos as súas propostas e solicitamos sencillamente que o que acadou o sector da pesca Frances sexa de aplicación no Galego .
Por outra parte e xa a nivel local Terra Galega de Noia aínda esta a espera pola promesa do actual Alcalde Socialista de Noia no referente a fabrica de conservas no municipio de Noia, non me esquezo da súa promesa e todos os veciños temos que recordarllo.
lunes 26 de mayo de 2008
A DESFEITA DO TRAFICO EN NOIA

E lamentable que o actual goberno de Noia non pensara un pouco nas formas de evitar o caos na circulación no municipio ante esta obra:
Temos unha obra na rúa Galicia, que vai provocar un caos na circulación, que é o que temos que facer para que esto se evite, que rúas alternativas, a que horas é mais fluído o trafico.
Valga coma exemplo a foto, tomada este venres as 19:00 h. a rúa da Avda. de A Coruña totalmente colapsada con retencións que chegaban ata a gasolineira de San Bernardo, pero non chega aquí o grave problema, en horas de pouco trafico, na rúa da avda. de a Coruña como alternativa a rúa de Galicia os vehículos circulaban a mais de 80 kilometros de hora, co perigo que supón o existir paradas de autobús escolar e zona comercial o existir no lugar unha tenda de fruta e un supermercado, unha tolemia, e sen sinalización de velocidade, sen un policía local e con algún paso de peotóns sen señalizar por unha rotura de auga.
Dende Terra Galega esto é unha imprudencia do actual goberno, é como vestir un santo para desvistir outro. Por esta razón pedimos que se solucione este grave problema, que se inste a empresa da obra da rúa de Galicia a que regule o trafico na obra da súa influencia, que se cambie o sentido de trafico de entrada e saída por dita rúa, que sexa anunciada as estradas recomendadas na estrada de Santiago de cara o acceso a tanto a Muros, Porto do Son así como rumbo a as diferentes zonas de Noia, e por ultimo que se regule a rúa Avda de A Coruña.
Por outra parte tamén solicitamos dende Terra Galega o Goberno Municipal que convoque urxentemente a Xunta Local de Seguridade de cara tratar o aumento espectacular de atracos e roubos que se esta a producir no Concello de Noia, Terra Galega considera que aínda que continúe a folga encuberta dos axentes da policía local, a problemática de roubos e actos de vandalismo que se están a sufrir na nosa vila, teñen que ser tratados no foro no que están representados tódalas forzas de seguridade do municipio e os representantes políticos.
viernes 23 de mayo de 2008
REXENERACIÓN DA RíA DE NOIA
Pero moito me temo e espero equivocarme de que a realidade sexa outra, un presuposto de 27 millóns das antigas pts de cara facer un proxecto e so un proxecto, pero cantos proxectos se realizaron xa ca nosa ría, un cando se construíu a escollera proxecto no acabado, proxecto de creación de un porto comercial con maqueta incluída nos tempos de Pastor Alonso, proxectos de paseos marítimos na Cainza e Obre, proxectos como sae o 15 de setembro de 2000 na Voz de Galicia e Correo Gallego do Sr García Guerrero por primeira vez Alcalde , afirmaba “estou convencido que o proxecto de saneamento intregal da ría noiesa estará feito no ano 2001 e que a rexeneración intregal será no 2002”, palabras textuais do noso Alcalde, e que xa estamos no 2008 e esto aínda empeza.
Estou contento de que se faga o proxecto, que se lle dea protagonismo o teniente Alcalde pola reunión co Director de Costas e o Delegado de Costas, pero cando vexa que por fin se fai algo ca nosa ría daquela serei o primeiro en felicitar a quen o faga.
Mentres tanto espero que por fin algún día se retire a escollera, que se saque o fango e merda da ría, que se faga un recheo dende o peirao do Marques ata a Ponte de Noia, que se faga un paseo marítimo dende a Chainza ata Testal pasando polo Obre, que os veciños de de Barro e Barquiña podan disfrutar das súas antigas praias, so eso e o que pedimos dende Terra Galega e apoiaremos e loitaremos por que sexa así. Nos prefirimos as realidades e non os anuncios.
Terra Galega de Noia.
sábado 17 de mayo de 2008
17 DE MAIO NA DEFENSA DA NOSA FALA, DA NOSA CULTURA
miércoles 14 de mayo de 2008
A MIÑA REPULSA ANTE O ASESINATO POR PARTE DE ETA
martes 6 de mayo de 2008
NON A CRISPACIÓN E SI O DIALOGO E O RESPECTO
Todo esto podo dicilo por min, podo aceptar criticas e descualificacións de outros, pola miña actividade política, o que nunca acepto nin aceptarei que por culpa da miña actividade política se metan ca miña familia, que repercuta na miña familia ou que estando con elas a nivel privado poñen en risco a miña liberdade e dos meus de pasear por Noia.
Con todo esto, o meu respecto e solidariedade o Alcalde de Noia e familia por uns feitos que non deben volver a suceder.
Por outra parte, dende este blog e dende unha posición de respecto, lle solicitaría o Sr. Alcalde que retirara a denuncia, que publicamente demandara como máxima autoridade do meu pobo, que se acabara ca crispación e que cada quen defendera as súas ideas, en suma un pouco mais de talante, palabra tan de moda, pois hai que poñerse na pel dos afectados que seguro que perderón os nervios, e coma lección xa aprenderón que o insulto non leva a ningunha parte.
Tamén para rematar me gustaría que o Tenente Alcalde Bieito González e o BNG me explicara por que cambiou de idea de apoiar a variante “C” pola “A” si eles son chave de goberno na Xunta de Galicia e no Concello de Noia. Quizais o coherente e o Sr. Alcalde do PSOE que defendeu a opción “A” dende sempre e outros cambian de opinión segundo lles convén ou lles interese.
lunes 28 de abril de 2008
AFILIATE A TERRA GALEGA
Por esta razón vos animo a que na paxina www.terragalega.eu/afilacion.php vos afiliedes de cara facer un gran partido en Noia.
Tamén quero deixarvos un comentario: As persoas non fan un partido si non as ideas, por que expoño esto, mais que nada, por que unha vez din o paso de dar a cara como cabeza de cartel nas eleccións municipais, agora gustaríame que entre todos os afiliados se escollera o mellor para acadar un mellor resultado. Polo que vos pido si estades interesados en participar no proxecto de Terra Galega que te afilies.
Podes enviar tus datos a dirección da paxina anterior ou ben a noia@terragalega.eu
martes 22 de abril de 2008
GALICIA É A SEGUNDA COMUNIDADE NA QUE MÁIS SUBIU O PREZO DA VIVENDA ESTE ANO
Noticia completa en: www.terragalega.eu/novasver.php?id=326
miércoles 16 de abril de 2008
TERRA GALEGA NOIA ANTE A VARIANTE INTERIOR
TERRA GALEGA se reafirma no exposto neste blog respecto a variante de Noia, para nos a mellor solución seria a ponte sobre a ría con modificacións respecto o proxecto do PP. Variante ca ponte que tería menos afectados e menos custo tanto monetario como ecolóxico.
O pasado venres se decidiu que a variante fose polo interior e que fora a opción “A”, nos Terra Galega non compartimos esta decisión, pero como demócratas teremos que asumila, aínda que alegaremos polo efecto perxudicial socialmente e mediambiente e volvo a repetir apoiaremos os afectados.
Por que temos que asumila?:
- Nas anteriores eleccións autonómicas de 2005 o PSOE e BNG gañaran a Xunta de Galicia e decidiran anular a variante ca ponte sobre a ría.
- Nas eleccións municipais de 2007 os partidos a favor da variante interior acadaron a Alcaldía de Noia.
- Nas eleccións xerais de 2008 estes partidos a favor da variante continuaron a acadar en Noia maiores apoios-votos.
Por que non podemos compartila?:
- Por que se minteu sobre o efecto medioambiental da ponte sobre a ría e sobre un informe da Unión Europea.
- Por que a variante interior e catro veces mais cara ca ponte sobre a ría e a variante interior ten catro pontes e un túnel de mais de 800m.
- Por que os membros da plataforma contra a ponte alegaban entre outras cousas que se tiraba unha casa, un fogar; en cambio con esta variante interior non e unha casa, un fogar, son tres casas, tres fogares.
- Por que non coñezo a quen beneficia esta variante, que sepamos so esta ben para o que é: que os vehículos de Santiago para as plaias non vaian polo centro de Noia. En cambio perxudica a Noia, Outes, Muros e Carnota.
- Por que esta opción “A” non beneficia a Lousame, segue a estar como esta agora o ter so dous accesos un na Fialla e outro na Ponte de San Francisco.
- Por que non se contempla unha conexión ca autovía do Barbanza.
- Por que Bieito González e o BNG minteu a todos os Noieses na campaña electoral das municipais, o difundir que gracias a eles seria escollida a opción “C”, aínda recordo os carteis e folleto informativo na campaña sobre a variante que eles propoñían –en breves días o colgarei neste blog, para que vexades ata onde se pode chegar a mentir-
TERRA GALEGA sempre estará a favor dunha variante co menor numero de perxudicados, cun menor impacto, que vertebre a comarca e os seus concellos e que de solución o problema do trafico.
jueves 3 de abril de 2008
A xuventude galega , moi lonxe de ser "mileurista"
Ver noticia completa: http://www.mocidadestega.org/2008/03/mocidade-galega-moi-lonxe-de-ser.html
viernes 7 de marzo de 2008
Terra Galega de Noia condena o atentado da banda terrorista ETA

Do mesmo seito, dende Terra Galega queremos dar o noso máis sentido pésame aos familiares, amigos e compapeñeiros deste exconcelleiro socialista.
Finalmente dende a formación teguista queremos facer unha chamada á unión e á cohesión de todos os democratas galegos, vascos e españois ante este covarde atentado.
Descanse en paz Isaías Carrasco e que a tua morte sexa a ultima de unha banda de asesiños que non loitan polo Pais Vasco si non por vivir do asesinato e da morte.
Manuel Codesido Lorenzo
Tega-Noia
lunes 25 de febrero de 2008
TERRA GALEGA ANTE AS ELECCIONS XERAIS
Manifestar con toda claridade que a lexislatura que remata ó márxe do anterior, foi a lexislatura, non do debate público e de resposta real ós problemas que teñen os cidadáns, senón que foi a lexislatura , das DECLARACIÓNS ESTERILES e VACIAS. Os catro anos desta lexislatura, rematan co mesmo falso dilema. Cal dos dous partidos de ámbito estatal é o que máis minte? PSOE ou PP?. Quen é o máis progre?. Quen é o máis antiterrorista?.
Ningún dos dous partidos, asumiu a RESPONSABILIDADE que os cidadáns otorgan co seu voto nunhas eleccións xerais, responsabilidade que non é outra que a de facer politicas en todos os ámbitos sociais e que as mesmas teñan continuidade máis alá dunha lexislatura. Non se poden facer ou modificar leis de Educación por ningun GOBERNO ainda que legalmente sexa lexítimo, si non é co consenso e acordo da MAIORIA MAIORITARIA DO CONGRESO.
Os partidos de ámbito territorial ou nacional, non poden seguir coa politica feita ata agora, política que parece seguiran a facer.
O BNG, xa anunciou que queren ter representación en MADRID, para “condicionar” a politica do goberno. Con esa actitude, os partidos que consigan unha representación irrisoria no PARLAMENTO ESPAÑOL , seran compensados con pequenas esmolas a cambio de apoios en propostas claves que soio interesa ó partido que goberne. Esto soio beneficiou especialmente a Cataluña ou o PAIS VASCO, pero non a GALICIA.
Como é posible que os nacionalistas do BNG, apoiaran á ministra de FOMENTO?. Como é posible un apoio a un Ministerio que nin siquera gastou a totalidade das súas previsións presupuestarias para Galicia.
COMO É POSIBEL QUE GALICIA VAIA SER A ÚLTIMA NACIÓN DO ESTADO Ó QUE CHEGUE O AVE?.
Na lexislatura pasada, nin siquera se acordou e deu a coñecer unha planificación real e detallada das obras do AVE, planificación que non soi debe falar de prazos xerais, senón de prazos de detalle e recursos económicos que soporten realmente as previsións
que se fan. Galicia na lexislatura
que remata ,en infraestructuras (Transcantabrica, AVE), avanzou o MINIMO POSIBLE.
POLITICA ECONOMICA. En cinco anos (2004-2007) o barril de petróleo pasou de 35 a casi 100 dólares. As últimas crisis en bancos financieros de ámbito internacional, con sobrada solvencia, consecuencia fundamental de créditos hipotecarios de riesgo ou basura, fai creer que non serán as últimas senón o inicio da caida de outras entidades financieras europeas e
americanas.
A crisis da bolsa coas últimas fortes baixadas non so non se fala da súa estable recuración real a curto prazo, senon que en dirección contraria fálase con datos reais de inestabilidade e tendencia global á baixa. Cal é a situación actual de confianza deses centos de miles de pequenos aforradores?. Quen está a protexer e tomar medidas diante ese risco de RECESIÓN cada vez máis real?. Están os pequenos aforradores tamén os galegos con optimismo cara a éste futuro a curto e medio prazo?. O goberno de España como agora se dí, tiña e ten a obriga de tomar medidas serias e con continuidade para dar confianza os cidadans e os POBOS que forman parte do ESTADO. A carestía da vida, a perda de poder adquisitivo do traballadores, a deslocalización de empresas, a continuidade da crisis industrial iniciada na decada dos 80. O afundimento das economías do sector primario galego, (agricultores, pescadores ).
A crisis actual e máis forte previsiblemente da construcción, non so siñificará a tendencia a creación de emprego neste sector nos últimos anos, senón, que xa empezou a súa tendencia inversa de perda de postos de traballo, no
2008, poderían perderse uns 80.000 empregos, ésta situación
podería traer graves conflictos coa inmigración Cales foron as recetas aportadas polos partidos representados no Parlamento?. Non houbo recetas, houbo e hai silencio, tanto do goberno, coma das forzas que o apoiaron, como tamén do partido maioritario ate agora na oposición. Ningunha forza política está disposta a falar en profundidade desta crise e das súas solución ate que que pasen as eleccións do 9 de MARZO.
GALICIA, tense que preparar para desde o novo parlamento galego que se renovará non máis lonxe do 2009, para ser un Parlamento de ACCION diante os problemas que se aveciñan, Galicia , debe movilizar todos os seus recursos humanos e institucionais, desde aquí e cerca dos cidadáns e das súas institucións de base especialmente desde os Concellos, dando unha resposta diante a politica de ESTADO.
TERRA GALEGA, é conscente desta situación e por ser é unha forza emerxente de ambito estrictamente galego, entende un erro gastar a nosas sinerxias acudindo a unhas eleccións na que está o resultado condicionado de antemán. Dous partidos serán os que sigan a marcar a politica de estado o PSOE-PP, outros partidos nacionais como PNV,CIU E BNG, seguen a pretender como dín eles quitar algo para “condicionar a politica do que gane PSOE ou PP. GALICIA , non debe estar presente nesa estratexia politica diseñada e posta en práctica sempre hábilmente por CIU, e a Cataluña si lle deu resultado.
TERRA GALEGA, desde os concellos galegos donde ten responsabilidade de goberno, fomentará debates politicos sobor a estratexia política de cara a éstas eleccións xerais a celebrar o vindeiro 9 de Marzo.
TERRA GALEGA, facerá unha politica activa para que a frustración que existe agora na cidadanía, non teña consecuencias especialmente abstencionistas nas eleccións autonómicas do 2009.
TERRA GALEGA, polo anteriormente mentado , non considera positivo neste intre, presentar candidaturas nestas eleccións xerais.
TERRA GALEGA, centrará todos os esforzos para na súas intervencións publicas nesta campaña , crear as condicións que motiven e fortalezan os galegos e galegas para a súa gran batalla
electoral que sin dúbida seran as eleccións ó Parlamento Galego, que deberán facerse non máis tarde dun ano, polo que como galegos os nosos esforzos e recursos estaran destiñados a facer un PARLAMENTO GALEGO E FORTE.
TERRA GALEGA, estáse a preparar para contar con todos aqueles galegos e galegas que crean que xa non e hora de pedir, non é hora de mendigar ,non e hora de condicionar e hora de poñer en marcha o noso autogoberno, no que as falsas etiquetas impulsadas
polos partidos de corte tradicional, como: os progresistas, os conservadores, os independentistas etc, queden realmente donde teñen que estar no ámbito interno dos partidos si lles valen de algo, pero non no ámbito social porque so aportan falsos debates .
TERRA GALEGA, consecuentemente co anterior non considera positivo participar nas Elección do 9 de Marzo , polo lo que, non presentará candidaturas ó Congreso e Senado Español.
TERRA GALEGA, como formación de ámbito estrictamente galego, preparará a partir de agora as eleccións que nun prazo máximo teremos en GALICIA, neste ano tanto os representantes dos concellos galegos (alcaldes e concelleiros da nosa formación), coma todos os militantes traballaremos para dar unha resposta galega desde as nosas institucións e intentaremos que no PARLAMENTO GALEGO que se constituia no 2009.
TERRA GALEGA, coa súa presencia no novo Parlamento Galego facerá que a Institución e o Pais Galego sexa o interlocutor UNICO, diante das politicas que se determiñen no Parlamento Español e polo Goberno de España, sexa éste do PSOE ou do PP.
TERRA GALEGA, considera que éstas eleccións deben servir para enterrar para sempre as estratexias politicas que tanto fracaso supuxeron para a nosa GALICIA. A política do PEDIR, debe ser sustituida pola política do ESIXIR. ESIXIR con RAZÓNS e por dereitos deste Pobo.
GALICIA Febreiro 2008
lunes 4 de febrero de 2008
miércoles 31 de octubre de 2007
ONDE ESTAN UNHAS PEDRAS DE SANTA MARIA A NOVA
DEPOSITO DE AUGA QUE ABASTECE A FONTE DE SAN FRANCISCO


Esta é o estado no que se atopa o deposito de auga situado en Agra de Ponte, como podedes observar no teito crece unha selva e os laterais esta caendo. Por certo a limpeza do entorno esta a facelo un veciño do lugar por decoro. O Concello ten esta propiedade abandonada en cambio pide que se limpen as fincas, si o propio Concello non limpa as suas propiedades, mais un veciño solicitou fai tres neses que se solucionara este abandono, resposta nada de nada...... eso si o Grupo de Goberno enviou a Eduardo para emitir informe e non o veu tan mal. Por certo segun din os veciños (non sei si é certo) este deposito e o que abastece a fonte da igrexa de San Francisco e pode ser que a auga da traida sexa a mesma que suministra a esta fonte.
martes 9 de octubre de 2007
PARABÉNS O ACTUAL GOBERNO POLAS ACTIVIDADES NAS PARROQUIAS
A critica é gratuíta e fácil, o difícil e recoñecer cando un fai algo ben e neste caso os meus parabéns o actual goberno por contar cas parroquias, pois os veciños destas zonas son tan ciudadans de Noia como os do centro.
O PROBLEMA DE NOIA O CACIQUISMO E A CORRUPCION
Estas definicións de cacique é o grave problema da nosa vila, é o por que, eles son os responsables que a nosa vila non acade o desenrolo económico e dinamismo necesario. Caciques avelos hainos e están no nacionalismo, na esquerda na dereita, persoas acomodas, con moitos cartos, cun estatatus de poder que esta a influír en tódalas capas sociais do noso pobo. Esta clase de xente da igual que goberne un partido ou outro, pois continúan a ter o poder e entre eles se respectan e se apoian. En Noia coñezo caciques no nacionalismo, na esquerda e na dereita, son como meigas, naide pode dicir que o sexan pero existir, existen e son os que dende a sombra levan anos a gobernarnos.
Recordo as elección pasadas, mitin ou encontro: empanadas, viño, musica; moito teatro e mercádeo de votos, imos claros socialmente si para acadar un voto tes que invitar a xantar e beber, por non falar de outra formación que se dedicaba a invitar a copas pola noite; todo de pena. Agora entendo os gastos dos partidos que acadaron representación, podo afirmar que en Noia houbo formacións políticas que se gastaron en campaña –e pode que me quede corto- cerca de 20 millóns das antigas pesetas ou cerca de 120.000 euros, de onde saíron os cartos? Dos candidatos seguro que non, dos partidos tampouco; e logo de onde saíron?.
Terra Galega de Noia gastou 1000 euros, que saíron do meu patrimonio, non aceptei axudas interesadas, por que de ter tarefas de goberno estarías hipotecado na túa laboura de traballar por tódolos veciños por igual.
Ten razón o Alcalde de Getafe (PSOE) “ contra la corrupción la regla de los tres –ces- non cambies de coche, ni de casas, ni de conyuge. Dicho a lo bruto, ser le mismo que eras antes del cargo” .Cantos concelleiros en Noia nestes anos de democracia cumpriron esta cita?
martes 2 de octubre de 2007
TERRA GALEGA UNHA REALIDADE NA GALIZA
Terra Galega é mais que un proxecto, xa é unha realidade no panorama político de Galicia. Nestes intres e despois das eleccións locais, TEGA ten cinco alcaldías e 66 conselleiros .Alcaldías: Narón, Neda, Valdomiño, Meira e Os Blancos.
Tenientes Alcaldes en: Arteixo, Ordes, Zas, Cedeira, Láncara e O Valadouro.
Terra Galega o que lle importa son os veciños do pobo, pactando en diversos concellos co PSOE, PP e BNG, amosando que os cidadáns son os verdadeiros protagonistas e non as ideoloxías caducas que están a estancar a moitos pobos e a crear falsas liortas que o único que fan que o ciudadan non crea no político nin na democracia.
Terra Galega é a formación de futuro en Galicia con un proxecto sólido no que prima a busqueda de solucións para os veciños.
viernes 28 de septiembre de 2007
CEN DIAS DE GOBERNO EN NOIA E NON HAI GOBERNO NIN OPOSICION
Por que os cidadáns están a opinar esto:
- Guerrero: Parece que xa non lle importa a Alcaldía, esta en un plan de pasotismo total, parece ser que unha vez que acadou a Alcaldía, sufriu un baixón de ideas e de rebeldía que tivo no seu momento cas demais administracións na oposición, hoxe co goberno central, xunta e deputación do seu partido, anda desaparecido, todo vender fume pero nada de realidades e propostas de futuro palpables, parece que non ten intres en ser Alcalde, pois todo os seus soños se cumpriron.
- Bieito: O cargo de Alcalde na sombra lle esta quedando moi, pero moi grande, mais ben parece o canciño que todo acepta e que esta disposto a todo con tal de seguir no poder e cobrar a fin de mes, por sorte esta Castro que é que realmente manda no partido e ten ideas propias e sabe o que quere e que ideas defender, a Bieito lle quedan catro anos.
-Insua: Non supo ser goberno e non sabe facer oposición, esta a pasar o tramite por si lle cae a fortuna de ser deputado Nacional ou deputado Autonómico. Todo pantalla pero nada de vida, non traballar polos veciños non ten intres nada de nada por Noia, patético, político de hoxe é, pero político dos veciños nada. (político de hoxe: persoa que pasa dos veciños e que mira para o seu obrigo e posuír adquisitivo sen impártalle para nada os veciños excepto antes das eleccións).
En definitiva Noia en cen días non cambiou nada: ninguén levantou a alfombra e sacou os trapos sucios do anteriores goberno, non se ben reformas extruturais e sociais do concello, se sigue a ser un pobo sen futuro, non existen proxectos serios, se suban os impostos municipais, as nosa rúas continúan desfeitas, o limpeza brilla pola súa ausencia, a lixo continua amontonandose nas beirarrúas, os camiños e corredoiras sen desbrozar, sen aparcamentos, sen limpeza da rúa, sen proxectos serios de futuro......Pero eso si cobrando os Concelleiros cerca de 158.000 euros o ano o nas antigas pesetas mais de 26 millóns de pts, curioso que Ribeira con casi o doble de población os Concelleiros soo cobren 117.000 euros, mas o menos o que o mesmo 20 millóns de pts. Cartos que pagamos cos nosos impostos. E sigo pensando que si de verdade se traballa por Noia os Concelleiros estarian ben pagados, pero sigo pensando que tamen deberian cobra os da oposición a ver si espavilan.
Hoxe todo o que están a propoñer e fume, teñen todos os gobernos (Estado, Autonomía..)e é a oportunidade de cambiar Noia, nos presupostos do goberno central non vexo os paseos marítimos na Chainza, Obre e Testal. Non vexo a limpeza da ría, non vexo nada mais que fume e mais fume para vender un cambio e nada de nada. Pero en cambio vexo realidades en Rianxo, Porto do Son, Muros, Boiro e Ribeira, en cam,bio Noia volve a ser humillada é promesas de proxectos que nunca chegan. Quedan 6 meses para as elección xerais e outros tantos para as autonómicas, e todo pode cambiar, pero o que vexo e que se perdeu unha gran oportunidade de que o fume e vagas promesas foran unha realidade.
Oxalá este goberno do Psoe, o próximo do PP o un do Bng ou mellor un de Terra Galega fixeran algo por Noia, si vexo avances tende seguros que felicitarei sexa o goberno que sexa pois os espero mais que ningun. Xa sabedes a traballar e cumprir o que prometestedes na campaña electoral. Haber si con retos facedes algo por Noia?
miércoles 19 de septiembre de 2007
HAI MOITO MAIS QUE POLÍTICA
miércoles 13 de junio de 2007
APOIO OS VECIÑOS AFECTADOS POLA VARIANTE INTERIOR
1.- Que a variante que se realice teña os menos veciños afectados posibles.
2.- Que de verdade sexa unha solución o trafico rodado de Noia.
3.- Que dita variante teña o menor impacto ambiental posible.
4.- Que si é posible teña o consenso de toda a sociedade noiesa.
Partindo destas premisas e a día de hoxe considero a ponte sobre a ría é a mellor solución e sempre apoiarei os veciños afectados pola variante interior.
Pero estou vendo unha cousa que non me esta a gustar:
Nunca, pero nunca, ata estes días por parte do Sr. Bustelo e a Plataforma pola ponte sobre a ría e contra a variante interior, agradeceu o apoio de Terra Galega os afectados pola variante interior, e Terra Galega sempre estivo cos afectados da variante interior. Agora sae na prensa e a radio agradecendo a Terra Galega o seu apoio e se agradece, pero, por que antes so se agradecía o apoio do PP? Que cambiou? Por que non se agradeceu o apoio antes e durante as eleccións pasadas?.
Terra Galega en Noia vai continuar apoiando os veciños afectados pola variante interior e as concentracións legais e sin ningun tipo de violencia que se convoquen, nunca apoiaremos descalificacións e outras medidas ilegais (como as manifestacións ante a sede do PSOE e insultos a persoas).
Por outra parte espero que día a día se vaia coñecendo as persoas que so estaban por ter réditos políticos e aquelas que de verdade lles importa os veciños afectados
jueves 7 de junio de 2007
DATOS DAS ELECCIÓNS
Podo dicir que os resultados en xeral pódese definir única e exclusivamente un voto de castigo por parte de algunhas persoas e zonas de Noia ao Alcalde Pérez Insua, si o PP presentara outro candidato a estas eleccións sacaría 10 ou 11 concelleiros. A onde foron eses votos? Pois foron o PSOE e BNG, e aquí onde esta a mea culpa, por non saber ou non poder acaparar estes votos para Terra Galega o crer os que querían castigar a Insua que si me votaban pactaría e o faría Alcalde outra vez. Foron contra Pérez Insua e acadaron o seu obxectivo sacalo da Alcaldía e do PP de Noia.
Resultados e Concelleiros:
PP----------------------------------PSOE-------------------------BNG
1.—4138................................3035...................................1780
2.---2069................................1517,5..................................890
3.---1379,33...........................1011,6..................................593,33
4.---1034,5..............................758,75.................................445
5.---827,6................................607......................................356
6.---689,66..............................505,83
7.---591,14..............................433,57
8.---517,25..............................379,375
9.---459,71
10.----413,8
Co resultado de votos de cada partido divídese entre un, dous tres, catro e así sucesivamente ata que se obteñen os 17 Concelleiros. En vermello os concelleiros de cada partido polos resultados da división.
O ultimo concelleiro saíu cun resto de 505, 83 para o PSOE, para poder sacarllo, o PP necesitaría que sacara 416 votos mais nestas elección o que é o mesmo un total de 4554 votos. E así de sinxelo o nº 9 do PP que vedes na lista de arriba tería que ter un resto de 506 para así sacalo o PSOE: 506 por 9= 4554.
Para sacar o 4 concelleiro do BNG o mesmo pero 506 por 4= 2024 votos, polo que necesitaría 244 votos mais.
Por que poño estes datos por que anda a xente dicindo que o PP perdeu a maioría por unha ducia de votos, igual que a xente do BNG que di que lle podía sacar un concelleiro o PSOE por outra ducia de votos. Todo mentiras e maquillase, cos resultados reais o PP necesitaría 416 votos mais para ter maioría absoluta, e o BNG para sacar 4 concelleiros 244 votos mais.
Igualmente Terra Galega para poder sacar un Concelleiro necesitaria como minimo 506 votos.
Cousas da vida....................
lunes 28 de mayo de 2007
OS VECIÑOS SON SABIOS E POÑEN A CADA QUEN NO SEU SITIO
Con estas eleccións politicamente falando quedo definitivamente queimado como político, seguro que mais de un sentira ledicia, mofa ou desprezo; a la eles, podo dicir que vou ca cabeza moi alta e sen ter ningunha responsabilidade e ca conciencia moi tranquila. Terra Galega vai continuar a súa andaina en Noia, temos catro anos para buscar un bo candidato o que axudarei gustosamente por que Terra Galega en Noia ten un dos mellores equipos de persoas intregas e desinteresadas que coñezo.
Agora quero felicitar a tódolos candidatos electos, espero que non defraudedes a Noia e por fin realizades todos e cada un dos compromisos da campaña electoral. A mediados de xuño teremos Alcalde e o felicitarei e axudarei sempre que sexa en beneficio de Noia.
Por ultimo quero expoñer uns datos interesantes destas eleccións:
PP--------4138 votos-----286 votos menos que no ano 2003.
PSOE-----3035 votos----529 votos menos que no ano 2003.
BNG------1780 votos----929 votos mais que no ano 2003.
Sen representación TEGA+Cidadans Galicia----313 votos----no ano 2003—PINO—298 votos.
O BNG restoulle mais de 500 votos o PSOE e o mais curioso restoulle cerca de 300 votos o PP, sobre todo no casco urbano de Noia (mirade as actas das mesas do Concello, Casa da Xuventude, Casa da Agra e Instituto). O PP, perdeu a súa maioría absoluta no casco urbano, pasando eses votos o BNG e PSOE.
Opino que é moi curioso e digo a verdade: esperaba conseguir todos os votos do PP descontentos con Insua, pero a miña sorpresa é que foi o BNG quen acadou eses votos.
Moi pero moi curioso................
Manuel Codesido Lorenzo
Terra Galega-Noia
jueves 24 de mayo de 2007
MIL PERDONES
Manuel Codesido Lorenzo
miércoles 23 de mayo de 2007
POR UN BUS URBAN EN NOIA
Co Bus Urban dende Terra Galega queremos que os nosos maiores, a xente nova e todo aquel que o desexe a un precio modico poda desplazarse a Noia dende as parroquias sin depender de nadie que teña vehiculo pra realizar os seus desplazamento ben sexa o Centro de saude, actividades deportivas e culturais ou a realizar as compras; e igualmente os veciños de Noia acudir o monte ou as praias.
Manuel Codesido Lorenzo
Candidato a Alcaldia por Terra Galega
viernes 18 de mayo de 2007
CREACIÓN DA XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
Terra Galega atreves do seu candidato a Alcaldía Manuel Codesido Lorenzo, propón a creación da Xerencia Municipal de Urbanismo como mecanismo de cara resolver os diferentes problemas que esta a padecer a nosa vila respecto o planeamento municipal e o urbanismo. A Xerencia de Urbanismo constitueriase como un organismo autónomo administrativo, con personalidade xurídica pública e patrimonio propios, sometida á tutela, fiscalización e control do Concello de Noia, con unhas competencias que entre outras serian a da elaboración de plans en proxectos de ordenación urbana, a programación da actuación urbanística , as expropiacións, a información e aprobación dos expedientes tramitados polos cidadáns, a execución de programas urbanísticos e a xestión do patrimonio municipal do solo, entre outras.
Os órganos de dita xerencia estarían formados por :
Un Consello Rector, no que estarían representados os grupos municipais.
Un Consello Consultivo, no que estarían representados as asociacións veciñais, deportivas e culturais; e os constructores e inmobilarias.
Un Conselleiro Director que seria o Concelleiro Delegado de Obras.
Un Xerente que seria un arquitecto.
Dende Terra Galega o que queremos con esta Xerencia Municipal de Urbanismo e dar cabida a participación veciñal, parroquial e das propias empresas constructoras de cara coñecer de primeira man e que colaboren na próxima redacción do Plan Xeral de Ordenación Urbana, dos plans de obras municipais, en definitiva que haxa un consenso tanto do deseño do novo plan como na realización das obras que cada ano se fagan no concello. Igualmente dende esta Xerencia queremos evitar a especulación e o trafico de influencia e que todos os veciños teñan información en todo momento das cualificación das súas fincas e terreos.
Manuel Codesido Lorenzo
Candidato a Alcaldia de Noia por Terra Galega
SOLUCIÓNS XA PARA VILAFABEIRO
Este é o caso de Vilafabeiro, só piden duas cousas a reparación de un camiño que xa fai tres ou catro anos lles prometeu o Sr. Insua e a reparación da fonte. Terra Galega adquire o compromiso de solucionar esto o mais axiña posible.
Manuel Codesido Lorenzo
Candidato de Terra Galega por Noia
lunes 14 de mayo de 2007
POR UNHA COOPERATIVA DO MAR PARA AS MARISCADORAS
Cada catro anos en campaña electoral ven o candidato de turno prometendo a instalación de unha conserveira en Noia, a realidade: Nunca se instalou unha conserveira, ben unha vez quixo instalarse unha en Noia e por culpa do Alcalde de turno foise para Esteiro. Hoxe en toda Galicia aparecen noticias de peches de conserveiras e de reducción de persoal, non nos deixemos enganar por que esta é a realidade, incluso de peche de conservas de calidade e delicatese.
Terra Galega non vai prometer unha conseveira, Terra Galega aposta pola creación de unha Cooperativa de Mariscadoras do Mar de Noia; as cooperativas de mariscadores e mariscadoras son unha ferramenta axeitada para afrontar moitos dos desafíos que o sector marisqueiro ten cara o futuro, estas cooperativas inciden positivamente na profesionalización da actividade, nos procesos de comercialización e de industrialización e na integración e diversificación das actividades dos socios, as cooperativas introducen pautas de explotación sustentable co que se xera valos engadido. Esta cooperativa poderá contribuír decisivamente á implantación de calidade do producto éo inclimento do valor engadido nas que a marca de Berberecho de Noia sexa unha realidade.
En Resumen Terra Galega apoiando a Cofradia de Noia incentivara a creación de unha cooperativa de mariscadores e mariscadoras que aparte da recollida do marisco o transforme e comercialice directamente ca marca de calidade Berberecho de Noia; a creación desta cooperativa seguira as pautas que se están a realizar en Lira (Carnota) ca cooperativa que esta en marcha de transformación do ourizo e a miñoca e que tan bos resultandos esta dando.
O Concello pois ten que impulsar unha liña de axuda de cara a creación desta cooperativa e potenciar encontros para analizar e divulgar as posibilidades e divulgar as posibilidades de intercooperación, axuda a creación da marca Berberecho de Noia, apoio as accións innovadoras cara a realización de plans tecnolóxicos e as súas iniciativas sectoriais que realice a cooperativa.
Manuel Codesido Lorenzo
Candidato a Alcaldía de Noia por Terra Galega
viernes 11 de mayo de 2007
TERRA GALEGA DENUNCIA A TOTAL DEIXADEZ E ABANDONO DO MONTE DO BOLO DE NOIA



Terra Galega atraves dos seu candidato a Alcaldía de Noia, Manuel Codesido Lorenzo quere denunciar o estado de deixades e abandono do parque merendeiro do Monte do Bolo. Con cartos de tódolos veciños se fixo esta obra e agora como podedes observar nas fotografías o seu estado e demencia, cheo de maleza, botellas e incluso de xeringillas por todos lados. Esto é o que non queremos para Noia, e amosa o desinterese dos nosos gobernantes por unha Noia limpa e con servicios, si esto é o que fan cos nosos parques, que farán cos veciños e as xestións en todos os niveis.
Non teño palabras xa que eu teño persoalmente un amor especial para o Monte do Bolo, alí teño xogado moito de cativo, alí teño acudido a mocear como moitos dos noieses cando saian dos Paxales.
Terra Galega non só quere denunciar este feito si non que propón solucións: Limpeza de toda a maleza, reparación do mobiliario danado, vixilancia da zona para evitar actos de vandalismo e que dito lugar sexa un picadeiro, construcción de unha fonte cunha catarata dende a zona alta ata o malecon, realización de festas populares, e sobre todo que na Festa de San Lázaro se instaure a tradición de comer nese lugar con actuacións folclóricas e de ocio.
Manuel Codesido Lorenzo
Candidato a Alcaldía de Noia por Terra Galega
SÓ PIDO QUE OS VECIÑOS ELIXAN O CANDIDATO MELLOR PARA NOIA
Manuel Codesido Lorenzo
jueves 10 de mayo de 2007
MODIFICACIÓN NO MEU PATRIMONIO
Quero deixar ben claro que toda a miña campaña, vai ter un gasto estimado a día de hoxe de 1.100€ por carteis, dípticos co programa, e papeletas xa que non podo permitirme mandar os votos por correo.
Tamén quero agradecer o CDI de Muros, que como non se presenta me deixan a megafonía.
Como vedes quero facer unha campaña humilde e honrada como somos toda a miña candidatura, por que opino que o importante non é a publicidade, o mais importante son as ideas e as gañas de traballar por tódolos veciños de Noia, e creo que esto non hai cartos que se poda valorar, a algúns con un pinchos e unha invitación xa tes o seu voto, de pena pero así estamos..........
Manuel Codesido Lorenzo
Candidato de Terra Galega por Noia
miércoles 9 de mayo de 2007
A RETIRADA DA ESCOLLERA E LIMPEZA DA RÍA UNHA NECESIDADE

Terra Galega quere facer un chamamento para que a limpeza da ría e a retirada da escollera sexa unha realidade na próxima corporación municipal.
Hai que facer un pouco de historia para analizar a situación da dársena noiesa: A historia da escollera de Noia comeza ala polos anos cincuenta có proxecto de Canalización e Dragado do Porto de Noia aprobado e presupostado polo Ministerio de Fomento, dita proxecto pasa por mil peripecias nos anos setenta sen que nunca chegara a rematarse e supuxo a actuación mais degradante na costa de Noia o acelerar o proceso de sedimentación que hoxe estamos a ver e sufrir, lodo nas dúas marxes e cheiros que cando da o vento cara a o pobo chega a todas as vivendas de irmáns labarta e malecóns da vila.
Terra Galega aposta en negociar co propio Ministerio de Fomento e incluso denunciando ante a Unión Europea a desfeita que supuxo para Noia o proxecto da man humano nos anos cincuenta, si o Ministerio de Fomento foi o que realizou tal obra e que nunca rematou e o Ministerio de Fomento actual o que ten que rexenerar a costa noiesa. Os noieses non podemos permitirnos que sexa Noia o Concello de todo o Barbanza no que menos inverteu dende a instauración da democracia, e siga a manter unha escollera que esta a provocar que a costa noiesa siga sumida no lodo e fango.
Terra Galega aposta por unha actuación en toda a costa do municipio por parte da Unión Europea e o Ministerio de Fomento, ca retirada da escollera, recuperación do borde marítimo, tanto na costa de Barro e Barquiña como na Chainza, Obre e Testal; limpeza de lodos e fangos, creación de unha praia artificial urbana e construcción de instalacións nautico-deportivas.
Os próximos representantes políticos que saian do 27 de maio, teñen que loitar unidos por esta obra, e Terra Galega vai loitar para que esta proposta non sexa só unha promesa que elección tras elección presenten o PP, PSOE e BNG e que despois quede no esquezo.
Manuel Codesido Lorenzo
Candidato a Alcaldia de Terra Galega
lunes 7 de mayo de 2007
PRESENTACION DA CANDIDATURA

No día de onte presentouse a candidatura de Terra Galega as próximas eleccións municipais polo Concello de Noia. Primeiramente interveu o candidato a Alcaldía Manuel Codesido Lorenzo, que expuxo a necesidade de que Noia teña un alcalde con ideas novas, ilusión no seu pobo, e gañas de traballar de cara acadar que en Noia se instalen industrias que creen emprego, vivendas accesibles a tódolos veciños, un pobo con servicios e que se lle dea solución inmediata os diferentes problemas diarios da vila: Limpeza, recollida de lixo, reparación de estradas, desbroce de camiños.....
Igualmente centrou a súa intervención en solicitar a Xunta de Galicia a anulación da variante interior e que se retome a variante cunha ponte sobre a ría, xa que Noia e os seus veciños non se pode permitir un proxecto de variante no que se expropian mais de 900.000 m2 aceptando a 22 núcleos de poboación, obra que non beneficiara a Noia e si a Concellos como Porto do Son, Lousame, Boiro e Puebla; comparando a construcción da variante interior ca perdida en anteriores lexislaturas do Hospital Comarcal, Delegación de Facenda, Parque de Bombeiros, Fabricas e industrias.
Rematando a súa intervención agradecendo a todas as persoas que compoñen a candidatura de Terra Galega, persoas honradas e traballadoras que queren vivir nunha Noia mellor, candidatos sen ningunha relación con constructoras ou immobiliarias, todo o contrario que as demais candidaturas que se presentan en Noia.
Por parte de Xoán Gato (Alcalde de Narón), expuxo a realidade política que se esta a vivir en Galicia, con uns partidos políticos como o PSOE, PP e BNG que só utilizan as eleccións de cara acordar poder, esquecéndose despois dos problemas dos veciños. Definiu a Terra Galega como un partido centrista e municipalista xa que son os Concellos o centro da vida cidadá, repasando a labor realizada en Narón y desexando que o crecemento e benestar que se acadou no seu concello, Terra Galega en Noia realice a mesma xestión.
viernes 4 de mayo de 2007
PARA ALGUNS QUE NON ME PODEN VER
Estes días recibín varios email, nos que aparte de insultar comentaban o meu galego escrito, e curioso insultan e dan consellos sobre o galego, e aquí onde quero deixar unha cousa clara: me poden insultar, pero estou farto que se critique por expoñer en GALEGO COLOQUIAL as miñas ideas e propostas, estou farto que se utilice o GALEGO como arma ideolóxica, estou farto que por uns poucos, cada certo tempo, cambien o GALEGO, estou farto dos que creen que o GALEGO e o portugués.
O GALEGO é o idioma de comunicación do pobo, non duns iluminados que se din cultos e que non hai quen os entendan.
Nestes días estiven cunha persoa para traducir o meu programa electoral o galego normativo, cando lin o programa, dexistin por que non o entendería ninguén, só catro iluminados que presumen de galego culto, pero o pobo non , pois non, eu quero que o galego que escribo sexa entendido por todo o pobo e os meus veciños.
A escritura é comunicación e comunicación é cando o que emite a mexase e entendido.
Vos pego un post interesante pra algúns:
“APRENDER A LEER”
SGEUN UN ETSDUIO DE UNA UIVENRSDIAD IGNLSEA, NO IPMOTRA EL ODREN EN EL QUE LAS LTEARS ETSAN ERSCIATS, LA UICNA CSOA IPORMTNATE ES QUE LA PMRIREA Y LA UTLIMA LTERA ESETN ECSRITAS EN LA PSIOCION COCRRTEA. EL RSTEO PEUDEN ETSAR TTAOLMNTEE MAL Y AUN PORDAS LERELO SIN POBRLEAMS. ETSO ES PQUORE NO LEMEOS CADA LTERA POR SI MSIMA, SNIO LA PAALBRA EN UN TDOO.
PRESNOAMELNTE ME PREACE ICRNEILBE.
Manuel Codesido Lorenzo
jueves 3 de mayo de 2007
ASÍ NON SON FORMAS
O ter coñecemento de tales feitos non me gustou (por decencia democrática) pero me veu a mente as manifestacións e o acoso a María del Carmen Abeijón Alcaldesa de Noia no seu día ca ecoplanta, non sei si vos recordades diante do concello días antes das eleccións, ou as mentiras por unhas pedras da fundación. Que persoas estaban o fronte?.
Volvo a dicir o que é certo: “A que a ferro mata a ferro morre”.
A Variante Interior e un erro non só para o pobo de Noia, si non que hai centos de veciños afectados que lle sacan o que durante moitos anos lles custou adquirir.
Pero tamén opino que non é con violencia como se castiga a un político, a un político é nas urnas e só nas urnas e todos temos a oportunidade de facelo o 27 de maio.
Por favor cordura e respecto, o tempo pon a todo o mundo no sitio que lle corresponde.
Manuel Codesido Lorenzo
Candidato de Terra Galega
miércoles 2 de mayo de 2007
TERRA GALEGA APOSTA POLA IDEA NO ANO 2000 DE LOPEZ OVIEDO
lunes 30 de abril de 2007
A BIEITO E A GUERRERO NON LES IMPORTA NOIA
O Alcalde de Lousame é un exemplo de un rexedor que se preocupa polo Concello e os seus veciños, por que o poño de exemplo? Por que Lousame será a gran beneficiada xunto con Boiro e Ribeira da VARIANTE INTERIOR. Nesta variante as maiorías das expropiacións, os núcleos veciñais afectados, os tuneis, as pontes... só lle afectan a Noia e non a Lousame, en cambio os benecicios son amplos: Lousame ten cantidade de terreo tanto para especular con polígonos industriais como para especular con chales adosados. Lousame con esta autovía será a nova Bertamirans. O Alcalde do PP de Lousame o sabe, e non dubidou en dar seu apoio incluso en contra da política do seu partido.
En cambio temos aquí a dous candidatos Bieito (BNG), Guerrero (PSOE), que non lles importa Noia e os seus veciños, a quen defenden estes Sr.? A os veciños afectados non.
Que interese teñen en Lousame?.
Hai xa algún grupo constructor ou mobiliario adquirindo terreos en Lousame?
A que persoas lles afectaba a Variante ca Ponte do PSOE e BNG?
Noia non se pode permitir perder servicios como pasou con Facenda, Fabricas, Hospital, servicios ..... agora a Variante, e todo por culpa de persoas como estas, que miran unicamente para o seu ombrigo.
Manuel Codesido Lorenzo
viernes 27 de abril de 2007
PARA RAFAEL GARCIA GUERRERO
Estimado Rafael, tes toda a razón en que me gusta a política, nunca para beneficiarme e mais tes razón en que vou a perder cartos, lios familiares e moitos inimigos, cando conscientemente nunca quixen facer ningún mal. Son unicamente un veciño de Noia que quere vivir en un pobo limpo, un pobo que recupere a ilusión, que progrese, que se deixe a un lado a intolerancia do fanatismo ideolóxico, en fin que o veciño e o Alcalde sexan o mesmo.
Si son utópico, teño moitas ideas para Noia, imaxinación, gañas de traballar, desinterese polo poder; pero tamén son realista: non sirvo para político, son honesto, non teño don da oratoria e teño moitos errores e fallos.
Creo que case todos os candidatos nos coñecemos ben: Insua, Guerrero, Bieito, Codesido, os outros candidatos, con todos os respectos son anécdotas; dos que se presentan seguramente o único que perdera cartos, tempo e quizais amigos sexa eu pero só teño unha pregunta: Que queremos para Noia?.
Quizais non saque ningún Concelleiro e sexa esta a miña ultima oportunidade política, pero o que é certo o fago o mellor posibles. Antes que ti , outro Candidato me fixo outra advertencia parecida a túa, pero pase o que pase, teño a conciencia moi tranquila, sempre opino que o tempo pon a cada un no sitio que se merece, antes ou despois a quen con ferro mata con ferro morre. A política é política, outro son as relacións de amizade, laborables e familiares; mesturar estes aspectos da vida e a política e ir por mal camiño, e hai que saber diferencialos e espero que sepas facelo.
Sr. Guerrero, dende este blog político e só político che lanzo un reto: Sexa cal sexa o resultado estarías disposto a entrar nun goberno conxunto de tódalas forzas con representación na Corporación de cara acadar que Noia recupere o protagonista perdido, unha corporación onde reine o consenso e a vontade de traballar unidos en que Noia e só Noia sexa o importante.
Espero a túa resposta, a miña xa a tes: Noia, Noia, Noia......aínda que perda cartos, relacións e algo mais..... .
Un saúdo.
Manuel Codesido Lorenzo
Candidato de Terra Galega por Noia
CREACIÓN DE ESCOLAS MUNICIPAIS DE CULTURA
Terra Galega expón no seu programa de goberno a creación de Escolas Municipais de Cultura o igual que existen as Escolas Deportivas, para que os rapaces de Noia, se involucren na cultura noiesa, ca creación das escolas de pintado-gravado, escultura, teatro, poesía-narrativa, fotografía-vídeo e cultura vangardista.
Todas estas disciplinas culturais serian realizadas en colaboración cas diferentes entidades culturais e persoas de prestixio no mundo da cultura de Noia.
Para Terra Galega e fundamental o incentivar a creatividade dos nosos xoves para que Noia sega sendo berce de grandes valores culturais.
Manuel Codesido Lorenzo
martes 24 de abril de 2007
TERRA GALEGA PROPÓN A CREACIÓN DE UNHA PAXINA WEB DO CONCELLO DE NOIA
Na web que propoñemos tería unha paxina principal co escudo do concello, cas diferentes seccións do concello, publicación de novas do concello, actividades, convocatorias de emprego, buzóns de suxestións e consultas: para que os veciños fagan chegar as súas queixas, preguntas, suxestións, opinións; mapa do concello con estradas, rúas cos seus nomes, servizos (colexios, farmacias centros de saúde, polideportivos etc) puntos de interese (monumentos, rutas etc); portais para asociacións cidadáns dentro da propia web onde as asociacións de veciños e parroquias podan ter espazos propios, mostren as súas actividades e as súas queixas, portal interactivo con unha webcamara no monte San Lois onde se mostran imaxes en directo de Noia e das súas praias, de especial atención no verán para que os turistas e veciños da comarca de Compostela podan saber en tempo real o tempo no noso municipio. Tablon de anuncios onde os veciños podan ver as actas das comisións de goberno e plenos da corporación.
Con esta medida queremos que Noia entre no grupo de concellos modernos e desenrolados tecnoloxicamente, con un contacto permanente concello e veciños, por que atravese desta web o veciño dispoñan de toda a información que este a suceder no municipio en tempo real.
Manuel Codesido Lorenzo
Candidato a Alcaldía por Terra Galega
CORREO ELECTRONICO DE CONTACTO
lunes 23 de abril de 2007
TERRA GALEGA PRESENTA A CANDIDATURA AS ELECCIÖNS MUNICIPAIS POLO CONCELLO DE NOIA
As persoas que forman a lista de Terra Galega por Noia se caracterizan sobre todo por ser persoas honestas, traballadoras, que non teñen relación con ningún grupo urbanístico nin mobiliario, que queren un cambio de rumbo na vila de Noia en cousas simples coma un mellor servicio os veciños no Concello, mellor limpeza, reparación das nosas estradas, solucións as demandas das parroquias, persoas que están fartos de ser gobernados por persoas que cando foron Alcaldes non fixeron absolutamente nada. Por este motivo o noso lema de campaña será “REBÉLATE POR NOIA”.
Terra Galega aspira a ser o referente do Concello de Noia nos próximos anos, ven dende o goberno solucionando os numerosos problemas do pobo, ven dende a oposición exisindo os compromisos da campaña cos veciños, fiscalizando e controlando as labores do próximo goberno.
Por todo elo a lista é a seguinte:
1.- D. Manuel Codesido Lorenzo.
2.- D. Francisco Calvo Nimo.
3.- Dna. Rosa Maria Santos Miguens.
4.- D. Adrian Brea Nuñez.
5.- Dna. Carmen Maria Nemiña Peña.
6.- D. Jose Manuel Rodriguez Ramos.
7.- Dna. Maria Isabel Midon Ces.
8.- D. Jose Mariano Gonzalez Garcia.
9.- Dna. Maria Del Carmen Franco Dominguez.
10.-D. Arturo Lorenzo Perez.
11.-D. Jose Ventura Seijas Ramos.
12.-Dna. Clara Franco Dominguez.
13.-D. Ignacio Baltar Romero.
14.-Dna. Dolores Gonzalez Somoza.
15.-D. Ramon Tubio Gomez.
16.-D. Angel Lopez Mallon.
17.-Dna. Gloria do Nascimento Lopez.
18.-Dna. Maria Adoración Baltar Mayo.
Manuel Codesido Lorenzo
Candidato a Alcaldia por Terra Galega-Noia.
jueves 19 de abril de 2007
¿MADURAR QUEN?
Manuel Codesido Lorenzo
Candidato de Terra Galega por Noia
miércoles 18 de abril de 2007
O CANDIDATO DO PSOE POR FIN XA TEN BLOG
www.rafaelgarciaguerrero.blogspot.com
En fin, estou esperando que poña o seu patrimonio persoal.
Si me entero do blog dos demais candidatos de Noia non dudarei en poñelo, estamos nunha democracia e o veciño ten que escoller e elixir en conciencia.
Manuel Codesido Lorenzo
PROXIMOS CANDIDATOS E CONCELLEIROS DE USAR E TIRAR
Esto sucedeu xa con Bieito, volveu a suceder con Guerrero e sucede con Insua, as persoas que temos opinión, pesamos propiamente, adoptamos decisións, pouco a pouco nos van deixando de lado, e danse conta que único que lle importa e manterse no poder. Así dimisións, ceses, revoltas foron as lexislaturas destes candidatos.
Sr. Alcadables do PP, PSOe e BNG vostedes só queren persoas de usar, tirar e utilizar para manterse no poder, despois cando xa non lles valen buscan a outros pardillos para volver a utilizalos.
Apostamos cantas persoas cesaran, dimitiran ou se revelaran na próxima lexislatura.
viernes 13 de abril de 2007
PARA BIEITO, GUERRERO E INSUA
Cando unha persoa accede a Alcaldía de un pobo, o seu deber é o de solucionar os diferentes problemas dos veciños e ir creando as bases para o desenrolo económico de toda a vila.
Un Alcalde ten durante o seu mandato nas súas mans un poder de decisión que vai repercutir en todos os veciños, si o fai ben o pobo avanza, en caso contrario si a súa xestión é nula o retroceso será patente.
Un Alcalde ten que atender os veciños o votasen ou non, e atendelos con celeridade e comprensión, un veciño non pode ter que esperar unha seman, un mes para ser atendido previa cita.
Un Alcalde ten que ser o coordinador de un equipo, onde as decisións se tomen no seu conxunto, unha vez analizadas as diferentes opcións.
Un Alcalde debe ser respectuoso co seu cargo, e respectuoso con tódalas administracións, non meterse en liortas, nin insultar as administracións.
Un Alcalde debe reunirse nas parroquias cos veciños para que lle expoñan as súas inquietudes e o mesmo tempo consensuar solucións que satisfagan a todos.
Un Alcalde ten que ser un veciño mais e que os veciños da vila vexan o rexedor como un deles.
Un Alcalde ten que ser honrado e non aceptar agasallos para el, e si que se invertan en obras necesarias para Noia.
Un Alcalde ten que xestionar e nunca rexeitar ningunha axuda por pequena que sexa tanto da Deputación, Xunta, Goberno Central e Unión Europea.
Un Alcalde ten que defender o seu pobo e os seus veciños incluso contra decisións de outras administracións gobernadas polo seu propio partido.
Ë por ultimo un Alcalde si o fixo ben e traballou por Noia, non lle fai falta facer campaña electoral, a súa campaña xa a fixo durante os anos de mandato, recollendo os froitos dos veciños pois terá a confianza de toda a maioría para que siga realizando esa boa labor.
Por todo elo o teño claro: Nin Bieito, nin Guerrero, nin Insua cando foron Alcaldes colmaron as expectativas creadas polos veciños, dous deles cando volveron a presentarse o pobo que é moi sabio non os quiso de Alcalde, e o outro seguramente nestas eleccións non o apoie.
Sempre o tempo pon a cada quen no seu sitio, si o fas mal, te preocupas só de ti e dos teus negocios, non atendes os veciños: Nas eleccións tes o resultado que mereces, a os veciños si cadra se lle pode enganar unha vez, pero os veciños son sabios e os catro anos pon a cada quen no seu sitio.
“SI QUERES SEGUIR SENDO ALCALDE FAI CAMPAÑA DURANTE 4 ANOS, OS 365 DÍAS DO ANO, APOIANDO OS VECIÑOS E SOLUCIONANDO PROBLEMAS SIN DESCANSO TODO O TEMPO. DE NON SER ASÍ VAITE PARA CASA E DEDÍCATE A OUTRA COUSA SRS. CANDIDATOS QUE XA FORON ALCALDES POIS NON QUEREMOS REPETIR A SUA NEFASTA XESTION”.
Manuel Codesido Lorenzo
Candidato de Terra Galega por Noia
miércoles 11 de abril de 2007
AS MENTIRAS DE BIEITO E O BNG RESPECTO DA VARIANTE "C" DE NOIA

Terra Galega quere expoñer publicamente as mentiras de tal proposta que só busca enganar os veciños afectados, e nos baseamos en:
1.- O prazo de alegacións a variante rematou fai meses, polo que é imposible que agora se poda presentar dita alternativa a menos que a Xunta deixe sen efecto os proxectos presentados, instando o BNG a que presente si di a verdade a copia de dita alegación presentada dentro do prazo.
2.- Unha vez que a Xunta de Galicia presentou as tres opcións para a variante de Noia a exposición publica na documentación dos proxectos só ten cabida unha fluctuación dos trazados de 100 m. de un sitio a outro e de 200 m. nos enlaces, esto quere dicir que non se pode modificar ningunha variante neste intre mais que dito marxe de 100 m., de superalo o proxecto tería que novamente saír a exposición publica e cumprir tódolos tramites burocráticos: publicación do proxecto no DOG, alegacións etc.
3.- Ante a imposibilidade de que a Xunta de Galicia anule os trazados e volva a expoñelos publicamente a proposta do BNG só busca facer un lavado de cara e un engano de cara as próximas eleccións locais, para unha vez pasadas as elección facerse a variante “A”.
4.- A opción “C” da variante é a máis custosa, alguén pensa que a Xunta vai investir e hipotecar as súas arcas con esta opción, seguro que elixen a opción “A”.
Ante estes argumentos TERRA GALEGA segue apostando polo Ponte sobre a ría e solicita a BNG e PSOE que deixen de mentir os veciños.
Manuel Codesido Lorenzo
Candidato de Terra Galega por Noia
lunes 9 de abril de 2007
ESTO É O QUE NON QUEREMOS EN NOIA

Esto sucede cada fin de seman cerca da Alameda de Noia, a imaxen e deplorable. Como se pode ter esta situación un sabado as 4 da tarde co cheiro, imaxen e hixiene. Todo ten solución e seguro que moitos veciños xa fai tempo denunciarón esto mesmo, ¿que costa dar as ordenes para que esto non suceda? só se necesita un minuto para chamar e poñer novos contenedores provisionalmente e buscar o sitio para a instalación de contenedores subterráneos. Como esta imaxen así esta Noia, falta de papeleiras, contenedores etc. A limpeza da nosa vila e importante e non fan falla cartor si non vontade de que Noia sexa un pobo limpio e bonito.
Manuel Codesido Lorenzo
PATRIMONIO DO CANDIDATO DE TERRA GALEGA MANUEL CODESIDO LORENZO

D. Manuel Codesido Lorenzo xuro que os datos que aporto son o patrimonio que dispoño ó día do comezo da campaña electoral.
Unidade familiar:
Manuel Codesido Lorenzo, 37 anos.
Esposa: Dora Baltar Mayo, 36 anos.
Fillos: Andrea Codesido Baltar 6 anos, Xavier Codesido Baltar (nacera en xullo).
Bens:
Un piso de protección oficial de 68 m2, un coche Renault Clio, 5.000 accións SPS, 75 accións Telefónica, 2.000€ en contas bancarias.
Nóminas:
Manuel Codesido: 1.087€ netos/mes como Celadorgardapeiraos no Ente Publico Portos de Galicia.
Dora Baltar: 636€ netos/mes como aux. de dependenta en supermercado a media xornada.
Débedas:
Crédito hipotecario de protección oficial con saldo pendente de 28.588,62€ por adquisición do piso.
Crédito persoal con saldo pendente de 13.850,20€ de cara adquisición de vehículo e inversións en accións.
Con respecto o patrimonio dos meus familiares de 1º grado coma os familiares da miña muller, e de cara non vulnerar a Lei de Protección de Datos, xuro que ningún deles ten relacións empresariais de ningún tipo na comarca de Noia incluída ningún relación con constructoras, promotoras, etc.
Por outra parte en caso de saír Alcalde, ter tarefas de goberno, ou que antes das eleccións o meu patrimonio sufra algunha modificación esta será exposto publicamente.
Así o asino en Noia a 4 de abril de 2007.
Manuel Codesido Lorenzo
lunes 2 de abril de 2007
A DEPUTACIÓN E GUERRERO DECIAN EN 2005 QUE A CARRETERA DE ARGALO ESTARIA REPARADA EN UN ANO, HOXE NO 2007 ASÍ ESTA
ASÍ ESTAN AS NOSA RÚAS
viernes 30 de marzo de 2007
TERRA GALEGA PROPON TERREOS PARA UN NOVO CENTRO DE SAUDE
Por outra parte igualmente se solicitara que por parte do Sergas asigne unha praza de pediatría en horario de tarde de cara dar uns mellores servicios médicos os nenos do municipio. Hoxe en día estase producir un aumento considerable da natalidade, con pais que traballan os dous, tendo que solicitar ditos pais na maioría dos casos permisos laborais para acudir cos nenos o pediatría en horario de mañan, con un servicio de pediatría de tarde como nestes intres dispoñen concellos como Boiro e Ribeira evitaríase este problema e o mesmo tempo se teria un mellor servicio medico o desconxestionar o servicio pola mañan.
Manuel Codesido Lorenzo
Candidato por Terra Galega en Noia
TERRA GALEGA SOLICITA A AMPLIACIÓN DA PISCINA MUNICIPAL
jueves 29 de marzo de 2007
SERVICIO DE NOITEBUS PARA A COMARCA DE NOIA
O Candidato de Terra Galega, solicita que a comarca de Noia dispoña do servicio de Noitebus dende Esteiro ata Porto do Son pasando por Outes e Noia. Este servicio que dispoñen outras comarcas de cara evitar que nas noites do fin de seman os xoves collan o coche nos seus desprazamentos, se potencie o transporte colectivo e reducir os accidentes de trafico.
Consideramos que son moitos os xoves que na noite do sábado se desprazan polas estradas da carretera de Noia-Muros e Porto do Son-Noia, especialmente no verán e nas festividades do nadal e seman santa. O obxectivo do plan de Noitebus disposto por política Territorial en outras zonas e de rematar co escenario no que mas percances automobilísticos se producen: menores de 35 anos que morren en desprazamentos cortos de menos de 30 quilómetros de distancia entre el punto de partida e de chegada.
Manuel Codesido Lorenzo
Candidato de Terra Galega en Noia
lunes 26 de marzo de 2007
AVOLTAS RESPECTO O MEU PASADO POLÍTICO
Sempre dende cativo, gustoume a política, pero non calquera política, nunca aspirei a nada que non fora o meu pobo. Presenteime na lista de Pastor Alonso por que naquel intre confiaba o igual que a maioría do pobo de Noia en que era o mellor para que Noia avanzara, naqueles intres eu estaba en Xuventudes Católicas Noiesas e me pideu que me presentara con el, e solicito a calquera que tire a primeira pedra si esto non é certo que buscou xente de todas as ideoloxías, pois nunca outra candidatura sacou mellor resultado, por que presentou xente nacionalista, socialista e de dereitas. Eu ocupaba o posto nº12 daquela lista, cando nun principio estaba de nº6, o igual que Díaz Rechou estaba de nº2 e por culpa da UPG e outros iluminados de fora non permitiran que xente con ideas de centro e non nacionalistas ocuparan postos importantes por que sabían que Pastor seria inhabilitado e poñendo a Bieito seria manexable. Nesta lista sacáronse 11 Concelleiros, dimitindo case un ano despois Xaime (actual depositario do Concello) tomando posesión eu no polideportivo xa como Alternativa Galega. Nos meses que tiven responsabilidades de goberno con 20 anos recen cumpridos, traballo a reo polo meu pobo, sen diferenciar ideoloxías, por esta razón Bieito cesoume, continuando traballando na oposición por Noia e denunciando a desfeita que estaba a facer Bieito na Alcaldía. O remate da lexislatura me presentei como nº2 na lista de Alternativa Galega, lista que sacou un Concelleiro Díaz Rechou, participando nas negociacións e apoiando o pacto con María del Carmen Abeijón (PP) polo ben de Noia – Un inciso neste intre, por que Bieito González se presentou polo CIN, sacando dous Concelleiros que non dubidaran en ofrecerse a o PP para gobernar Noia, por sorte Mª del Carmen Abeijón escolleu a persoas decentes e pactou con Díaz Rechou-, a raíz de dito pacto e ante a disolución de Alternativa Galega me afilie o Partido Popular, prentandome como candidato nas súas listas, pasando a oposición denunciando a incapacidade de un Alcalde como García Guerrero e polas miñas criticas e apoio a Mª del Carmen Abeiión fun expedientado e expulsado do PP.
Quería deixar a política pero cando sae que García Guerrero se presentaba, Bieto González tamén, e Pérez Insua o mesmo, me decidin a ser unha alternativa a estes Alcalde incompetentes que non lle importan Noia nin os seu veciños.
Nestes intres poderei ter un bo resultado ou non pero unha cousa teño clara, me gusta ir ca verdade, son unha persoa humilde e traballadora por Noia e non consinto as comisións, os pelotazos urbanísticos, nin que haxa xente que se presente so para aproveitarse do cargo ou que o seu pai se faga mais rico, e esto calquera que me coñeza sabe que e certo.
Manuel Codesido Lorenzo
viernes 23 de marzo de 2007
NO ANO 2000 GUERRERO DECIA QUE A LIMPEZA DA RIA ERA UNHA REALIDADE NO 2001, AGORA NO 2007 O PROMETE OUTRA VEZ
jueves 22 de marzo de 2007
ALGUNS TEÑEN XA MEDO A TERRA GALEGA
¿Que esta a suceder en Noia? Pois que ninguén ten claro cal pode ser o resultado xa que os veciños non queren ser gobernados por alguén que xa con anterioridade sendo Alcalde non fixo nada.
Respecto a miña persoa me poden chamar cambiachaquetas, sin ideoloxía, ata parvo si queren. Pero o que teño claro é que me presento só por Noia e para Noia, sin intereses urbanísticos ou empresariais.
Noia necesita xente que teña valía e non lle importe a ideoloxía, estou farto da división entre os partidos, da xente que non fala con outra por ser dun ou outro partido, das familias e parroquias divididas pola política, da xente que non merca en outro negocio por que o empresario e de outro partido.
Eu teño a experiencia da política da esquerda de cando estiven con Pastor Alonso e a política da dereita de cando traballei con María del Carmen Abeijón, non me esquezo do meu pasado e acato todo o que fixen sexa bo ou malo xa que aprendín para o futuro. Outros candidatos perderon a memoria e non queren recordar o seu pasado e asumir as súas decisión.
Un consello para algúns candidatos: O mellor para os nervios e ter a conciencia ben tranquila, asumir o seu pasado e non facer nunca nada deshonesto.
miércoles 21 de marzo de 2007
AS CARTAS TODOS PARA ARRIBA
O candidato de Terra Galega por Noia publicara no seu blog o seu patrimonio familiar con soldos, propiedades, hipotecas, inversións...así como as ocupacións laborais dos seus familiares mais cércanos de cara que os veciños de Noia coñezan e valoren a súa realidade patrimonial, instando a os candidatos a Alcaldía do PP, PSOE e BNG a que realicen o mesmo.
Terra Galega en Noia, opina que o político que goberne o noso pobo ademais de ser honrado ten que amosar que non lle move ningún interese económico, urbanístico ou empresarial para presentarse de candidato a Alcaldía de Noia.
En Noia estamos fartos de candidatos que cando son Alcaldes se poñen soldos desorbitados, Alcaldes que se converten en marionetas e titeres de familiares con intereses urbanísticos. Noia necesita persoas que traballen polo pobo desinteresadamente na búsqueda de solucións os numerosos problemas que padece a nosa vila e inversións de cara a limpeza da ría e ampliación dos bancos mariñeiros, nova rede de abastecemento de auga de cara evitar cortes no suministro, un recinto feiral multiusos, ampliación do polígono industrial evitando a especulación cas parcelas, Construcción de un Centro Comarcal, paseo marítimo na Chainza, Obre e Testal, paseo fluvial no río Traba dende San Lazaro, Couto e Portobravo e aceras e servicios nas parroquias.
Por este motivo espero que os demais candidatos fagan o mesmo e se saque toda dubida de corrupción a todos os veciños de Noia.
Manuel Codesido Lorenzo
Candidato a Alcaldía por Terra Galega
www.terragalega.es
viernes 16 de marzo de 2007
MAIS OBRAS PARA NOIA
Manuel Codesido, Candidato de Terra Galega por Noia, felicitase da présa do anuncio por parte do Conselleiro de Medio Ambiente Manuel Vázquez, de solicitar o Ministerio de Fomento a rexeneración da Ría de Noia ca retirada da escollera e ampliación dos bancos marisqueiros, unha necesidade que a bo seguro o agradeceran as mais de 3000 familias que se dedican o marisqueo, esperando e desexando que non sexa só unha promesa electoral e se realice canto antes.
Por outra parte Noia ten outras necesidades imperiosas que espero que por parte da Xunta de Galicia e Goberno Central empecen as suas xestións como son:
-Nova rede de abastecemento de auga de cara evitar os continuos cortes de abastecemento.
-Un Recinto feiral multiusos de cara realizar a fería, eventos, exposición e ferías dos comerciantes a emplazar en Barro cerca do paseo maritimo.
-Ampliación do Polígono Industrial evitando a especulación sobre as parcelas.
-Construción do Centro Comarcal da Comarca de Noia.
-Un paseo marítimo na Chainza, Obre e Testal.
-Paseo fluvial no río Traba dende San lázaro, Couto e Portobravo.
-Aceras en Santa Cristina, Argote e Roo.
Reiterando que cos cartos de diferencia entre a variante con unha ponte sobre a ría respecto a variante interior todas estas obras farianse e sobraría cartos.
miércoles 14 de marzo de 2007
O PP TAMEN E CULPABLE DE QUE A VARIANTE CON A PONTE SOBRE A RÍA NON SE FAGA
Ante os comentarios do Sr. Insua candidato do PP, teño que expoñer:
Si coincido con vostede no fondo de que é necesaria a variante ca ponte sobre a ría pero nunca coincidere con vostede nas formas nas que negociou cos veciños afectados de Orro e Taramancos. Este candidato de Terra Galega por Noia, falou en numerosas ocasións con veciños afectados pola ponte das parroquias afectadas de Orro e Taramancos, e todos me decian o mesmo: actitudes dictatoriais, imposicións, mentiras, enganos, xogos de despiste, palabras vacias cara a os veciños. Por todo elo afirmo que tamén vostede é responsable da situación creada, si vostede no seu día atendera as xustas reinvicacións dos veciños de Orro e Taramancos dou por seguro que hoxe só estariamos a falar da boa marcha da variante con unha ponte sobre a ría.
Polo que pido o Sr. Insua candidato do P.P. que publicamente asuma a súa parte de culpa en esta situación. Terra Galega volve a recalcar que ningún dos candidatos do PP, PSOE, BNG están a altura das circunstancias de traballar por Noia e sigue animando e se alegra que os Noieses presenten candidaturas independentes para así que os veciños teñan alternativas os actuais candidatos.
Por ultimo respecto a este tema, volvo a realizar un chamamento os candidatos do PSOE, PP e BNG a que debemos buscar o consenso entre todos de cara propoñer unha variante que favorezca a Noia, eu propoño a variante ca ponte sobre a ría con modificacións nos enlaces de Orro, Taramancos atendendo as alegacións que propoñen os vecinos.
Manuel Codesido Lorenzo
Candidato de Terra Galega por Noia
martes 13 de marzo de 2007
COS CARTOS DA VARIANTE INTERIOR: VARIANTE CON PONTE SOBREA A RÍA, LIMPEZA DA RÍA, RETIRADA DA ESCOLLERA E AMPLIACION DOS BANCOS MARISQUEIROS
O candidato a Alcaldía de Noia por Terra Galega, solicita e lle pide os candidatos a alcaldía do PSOE e BNG, Sr. Guerrero e Sr. Bieito que por Noia volvan a rectificar e se retome o proxecto de variante cunha ponte sobre a ría. Sr. Guerrero e Sr. Bieito me consta que cando foron Alcaldes de Noia solicitarán a variante con unha ponte sobre a ría en diversas reunións cos anteriores Conselleiros e demandas realizadas o Presidente da Xunta nas anteriores lexislaturas de D. Manuel Fraga. Agora opóñense a variante cunha ponte e prefiren a variante interior e entendo que están equivocados e lle expoño varios datos:
1.- A variante da ponte sobre a ría tería un coste de 22 millóns de € frente as alternativas interiores cun coste entre 65 e 80 millóns de €, ca diferencia de coste invertido en Noia se realizaría a limpeza da ría e a retirada da escollera de cara ampliar os bancos marisqueiros de Noia.
2.- A variante sobre a ría afecta a so dous núcleos de veciños no seu trazado en cambio a variante interior afecta a 22 núcleos de veciños, que se traduce en 99.000 m2 de expropiacións na variante ca ponte sobre a ría frente a cerca de 900.000m2 nas variantes interiores.
3.- A variante da ponte sobre a ría supón 4,7 Kms de percorrido frente a os mais de 12 kms da variante interior, e mais a variante da ponte sobre a ría favorecería o desenrolo das comarcas de Noia, Outes e Muros; ca variante interior se favorecería os Concellos de Boiro, Riveira e Lousame.
4.- A variante con unha ponte sobre a ría en Noia non tendría ningún efecto medioambiental o igual que o viaducto de Outes, esta claro que si unha ponte non afecta por que a outra si afecta na mesma zona protexida.
Sr. Candidatos do PSOE e BNG, estou disposto a escoitar as súas razóns e motivos, pero despois dos datos que lle expoño seguro que me dan a razón e se realiza a variante cunha ponte sobre a ría respectando o medioambiente, respectando as vivendas que poidan ser afectadas, modificando os trazados do enlace en Orro e Taramancos e solicitándolle a Xunta de Galicia que os cartos que se aforran se invertan na limpeza da ría e na retirada da escollera e ampliación dos bancos marisqueiros; por que as variantes interiores non favorecen a Noia.
Manuel Codesido Lorenzo
Candidato de Terra Galega en Noia
lunes 12 de marzo de 2007
A UNICA VARIANTE POSIBLE: PONTE SOBRE A RIA
Nestes intres nadie pode decirme que a ponte sobre a ría que fan como variante en Outes, si é boa e en cambio a de Noia non, a de Outes si que afecta de cheo o espacio protexido pola red natura, o de Noia non.
O que me esta parecendo é que por intereses particulais de uns poucos a variante cunha ponte non vai a diante en Noia. ¿ A quen lle afecta a ponte da variante en Noia ? o marisqueo "mentira", a rede Natura "mentira", a vivendas "mentira" ¿quen é o mais perxudicado enton? ......
Ante esta pregunta só me queda decir que unicamente en caso de acadar un bo resultado electoral pactarei con aqueles grupos políticos que cambien o actual proxecto e se decida que o mellor para Noia e unha ponte sobre a ria como variante.
Igualmente insto a os candidatos Bieito Gonzalez e Guerrero a que expoñan publicamente por que cambiarón de opinión si eles cando gobernarón Noia solicitarón a variante cunha ponte sobre a ría.
viernes 9 de marzo de 2007
SI BIEITO QUERE A VARIANTE POLA ALTERNATIVA "C" QUE SE PRESENTE POR LOUSAME
Por outra parte si é esta e a variante que a Xunta decide, como veciño de Noia, non dudarei ni un minuto en propoñer a unión dos Concellos de Noia e Lousame, xa que esta variante vai provocar que Lousame se converta no proximo Bertamirans en crecemento e Noia continuara perdendo oportunidades, e a nosa vila destruindo emprego. Xa sabenos que o segundo do BNG e o candidato de Lousame nos ultimos anos, pero si quere traballar por Lousame que se presente por este concello e non por Noia.
martes 6 de marzo de 2007
REVELATE POR NOIA
viernes 2 de marzo de 2007
MANUEL CODESIDO APOIA AS CONCENTRACIÓNS PARA HOXE POLA EXCARCELACIÓN DO ASEXIÑO DE JUANA CHAO
viernes 23 de febrero de 2007
POR UNHA VARIANTE PARA NOIA XA
pero como sempre, e a historia repítese unha vez maís, das mil oportunidades que tivo a nosa vila de acadar servicios e desenrolarse no pasado (chámese hospital comarcal, intalación de fabricas e empresas, facenda, oficiña de emprego, parque de bombeiros....) cren divisións e as obras nos se fan e Noia perde outra oportunidade historica de progresar.
Noia necesita unha variante xa, recordo que dende os anos 90, todos e cada un dos grupos munipais e concelleiros loitamos por acadar a variante e a avariante ca ponte sobre a ría. pastor Alonso como alcalde pedía está solución xunto co BNG, PSOE e PP que estaban de acordo, e maís Bieito Gonzalez actual candidato polo BNG apoiaba o ponte sobre a ría. Co goberno de Mª del Carmen Abeijón solicitou a variante ca ponte sobre a ría e tódolos partidos a apoiarón. accedeu o goberno Garcia Guerrero e tamém me consta que realizou xestións co apoio de tódolos grupos municipais de cara a construcción de unha variante ca ponte sobre a ría. Todas estás xestións constan en actas plenarias e hemerotecas da prensa. Por fin na actualidade co goberno de erez Insua atendida a demanda histórica a Xunta realiza o proxecto da variante cunha ponte sobre a ría. E sucedeu que os partidos políticos romperón a unidade por unha obra necesaria e optarón por defender intereses persoais e políticos de cada un, o que está a producir un retraso na obra de ano tras ano e os danadas tódolos veciños que observan como o PSOE e o BNG utilizarón os veciños aceptados polo viaducto contra o PP e agora é o PP quien quere utilizar os veciños da variante interior contra o BNG e PSOE, esto é indigno dos representantes políticos que nos representan, tanto uns como outros creando división, cando o razoable seria a búsqueda do consenso antes e agora para que a variante se faga.
Dende TERRA GALEGA estamos por que a obra da variante de Noia se faga xa e sexa unha realidade, pero tamén defenderemos os veciños afectados sexan polo trazado polo viaducto sobre a ría como pola variante polo interior, para que o impacto nas súas propiedades sexa o menor posible e que si lles afectan, reciban as compensacións mellores posibles.
O futuro de Noia depende desta variante e ten que facerse xa, sen maís atrancos e deixando o lado os intereses políticos.
viernes 9 de febrero de 2007
TERRA GALEGA xa ten candidato por Noia

No día de onte 8 de febreiro, despois de manter unha reunión de traballo con D. Roberto Gonzalez Vicecoordinador do comite electoral de Terra Galega, tomei a decisión de presentarme como candidato a Alcadia de Noia pola formación Terra Galega. O motivo principal de asumir o reto de optar a maís alta representación do meu pobo é a falta de alternativas reais e claras de persoas que impriman un cambio a actual politica noiesa, a día de hoxe o pobo de Noia ven asistindo a presentación de candidatos a Alcaldia que demostrarón sobradamente xa como Rexidores de Noia a sua incapacideade para dar unha solución os numerosos problemas da nosa vila. Noia necesita xente que traballe por e para os veciños, que lle dea solucións con novas ideas e moita imaxinación os retos da sociedade actual. Hoxe ca experiencia de traballar con dous dos mellores Alcaldes que tivo Noia, como forón Maria del Carmen Abeijón e Pastor Alonso, dos que aprendin tanto o bó como o malo da politica, dos que nunca me arrempentin de ser Concelleiro e participar nos seus proxectos e dos que os Noieses estamos tan agradecidos por poder disfrutar das unicas melloras que dispon o noso pobo na actualidade como como tololos veciños saben.
Teño que agradecer igualmente as facilidades e apoio de Terra Galega, formación progresista e reginalista, que o bo seguro tera en Noia un bó resultado ca miña candidatura.
Xa para finalizar poño dende hoxe a disposición de todolos veciños este blog de cara coñecer as opinións dos veciños e informar da candidatura.
















